O Thu  3 Feb 2000 14:41:54 +0100, Raúl Araya Tauler escribía:

> Ola xentiña,

 Ola, Raúl; disque eu son o coordinador do proxecto de traducción do GPUL,
así que supoño que me toca darche a benvida :-))


 ¡Benvido! :D

> Non sei ben cal é o procedemento que seguides para as traduccións dos 
> programas, de tódolos xeitos, creo que podo axudar, xa que son traductor e 
> intérprete licenciado pola Universidade de Vigo, de inglés e francés ó 
> galego.

 O "sistema" que adoitamos usar é: un ten ganas de traducir algo, entón
pide un paquete para ir traducindo, e cando o remata, envíamo ou xa o sobe
no CVS (se ten conta no CVS) :-))

 Os ficheiros "para traducir" e os "xa traducidos" están en
http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/ ; os xa traducidos teñen extensión .PO,
e os "por traducir" levan .POT

 Para traducilos hai que seguir un certo formato, que se supón máis ou menos
intuitivo... de tódolos xeitos, se cadra prefiras, alomenos ao principio,
revisa-los ficheiros .PO (xa traducidos) ou simplemente prestarnos axuda
coas palabras coas que non saibamos que facer; pouca axuda é moita :-)

 Ou se queres facer outras cousas; hai xente traducindo documentación:
páxinas man e manuais, así que se cadra é o que prefires facer; tamén hai
(ou había) uns poucos falando de facer un diccionario galego para o
corrector ortográfico "ispell"... ou se queres propor algo distinto.

 Se levas na lista un pouco tempo, se cadra xa liches algo sobre Conectiva;
é unha empresa brasileira que quere pór a venda en España distribucións en
tódolos idiomas oficiais da península, e, como é natural, precisan de
traduccións, entre elas as que estamos a facer :-) Nós seguimos a face-las
nosas, pero como precisan algunhas con urxencia, están dispostos a paga-lo
traballo que se faga... máis información, na lista :-)

> Xa teño algunha traducción por aí publicada, así que experiencia 
> tampouco me falta,

 ¿Non serás traductor xurado? :-) Porque dese xeito, podías traduci-la GPL
(General Public Licence), e así asegurármonos de que a traducción é
"utilizable", non sei se me entendes... :-)

 Ben, non dubides en seguir escribindo por aquí :-)

-- 
     Jacobo Tarrío Barreiro                Don't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a