Hola,

        Penso que xa algunha vez se falou de facerlle un pouco de
publicidade ó proxecto pero quero engadir algunhas maquinacións.

        Está moi ben ter GNU traduccido ó noso idioma e que ó menos nós
esteamos a empregar o GNU/Linux traducido. Pero máis dúbidas teño de 
que outra xente ademáis de nós e os nosos coñecidos que saiban ni tan 
siquera a existencia das traduccións.

        Se cadra isto non ten nada de certo e son eu o que está
trabucado pero é o que me di a experiencia. Eu, como moitos de vos 
sabedes, traballo en ESware Linux, unha distribución baseada en 
Debian. Pois ben, temos moitos usuarios e a meirande parte deles 
descoñecen a forma e a posibilidade de usar os mesmos programas en Galego.

        Por outra banda, non estaría de máis que se soubeira en Galiza e
fora que se está traballando na traducción.

        Non sei o que pensaredes. ¿Interesa que se saiba o que estamos a
facer? Eu penso que sí. Penso que non estamos facendo únicamente
traduccións senon que estamos dicindo que o galego existe e que é un
idioma vivo que pode estar presente en novas tecnoloxías e non só nos
pobos coma lingua minoritaria (sentimento dunha gran parte da xente de
fora de Galiza).

        Levo dous anos vivindo en Madrid e penso que vivir entre esta
xente cambiou moito a miña forma de pensar. 

        ¿Debemos publicitar o noso traballo? De ser a resposta sí,
¿Como?


Saúdos!

                Sergio Rua <s...@gpul.org>

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a