boas:

co das campañas a prol do sw libre na admon (podería xeralizarse a
non-admon :D), un dos pés é este tema. ademais de temas de sw está o
tema lingüístico. o que pasa é que vexo a Trasno sen gañas de facer
moito, apenas traducir (con sorte).

agora comentarios puntuais..


On Seg, 2002-06-17 at 15:21, Sergio Rua wrote:
> Hola,
> 
> El día Jun/17/2002, Ramon Flores d'as Seixas escribía:
> 
> > 1º) Criar un banner.
> 
>       Estaría ben, pero, ¿onde poñelo?
>  
> > 2º) Por-se en contacto con organizacións como a Mesa, a CIG, CCOO-galicia,
> > BNG, ADEGA, etc e dicer-lles que é o trasno e que fagan o favor de 
> > publicitar
> 
>       Esto pode estar ben pero veremos se nos fan caso.

estiven lendo estes días algún artigo que falaba de teoría de xogos
(temas sociolóxicos) aplicado ao fenómeno do sw libre. basicamente,
parece que o modelo que millor se adapta para explicalo ten como unha
conclusión fundamental que a xente que o usa decote non pode deixar de
publicitalo.

de feito, creo que por experiencia podemos comprobar isto: a min tanto
me ten que ti uses sw libre. ou non? ao unirte á "comunidade" podes
pasar a formar parte da parte "parásita", ou quizais podes colaborar en
algo, anque só sexa espallar a idea para que o use mais xente, e así
entre esa xente igual hai alguén que fai cousas directamente
proveitosas.

persoalmente coñezo pouca xente que use sw libre e non faga nada, aínda
que só sexa reportar bugs, "evangelização" ou traducir X)

con este panorama, sospeito que só conseguindo xente usuaria neses
ámbitos poderá axudar a que nos publiciten (a suficiente para que o
tomen como algo propio).


> > 3º) Enviar con unha certa regularidade noticia das novidades aos médios de
>       
>       O mesmo. Estaría moi ben pero haberá que probar a ver se nos fan
>       caso. Eu tentareino (se estades de acordo, claro).

isto debe ser especialmente complicado, a non ser casos como o Mozilla 1
de Jacobo.

en GNU non hai nada que anunciar, en KDE temos moi pouco en GNOME de 2
anos en 2 anos :D


> Saludos!
> 
>               Sergio Rua <s...@gpul.org>

aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <man...@sindominio.net>

GnuPG pubkey: [http://sindominio.net/~manuel/gpg-pubkey.txt]

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part

Responderlle a