Eu creo que non foi por despiste, xa o fixeron con anterioridade co do
openoffice. E apunto a que isto responde a que como dis, o xeito
institucional galego de promocionar a industria é o modelo
subvención/concurso, e o campo da tradución é unha mina de ouro para este
tipo de industria, como xa o amosaron os feitos. 

Pero o peor é que ese non é o xeito de facer industria, senón o xeito de
crear capitais doadamente (quen sabe se a favor de amigos) sen fortalecer a
futura industria de software (como dis, que ninguén se engane, iso da
industria galega do software libre é ridículo, xa o é a industria galega do
software en xeral e o é a industria de tecnolóxica e todo aquelo relacionado
coas novas tecnoloxías e a ciencia en Galicia). Nota: optimistas, ilusos e
cegos poden facer caso omiso desta perspectiva arcaica.

Este tipo de proxectos son os que veñen promovendo determinados grupos que,
con todo o seu dereito, desembocaron no eido do software libre con afán de,
paralalelamente á promoción que levaron/levan a cabo do mesmo, tentan non
afastarse dos posíbeis usos lucrativos que lles brindan e se lles abren.
Pero aquí é onde se enfrontan por un lado o interese xeral do usuario final
de ter un sistema operativo útil e gratuito e das institucións de non
desviar capital arbitrariamente (concursos versus accións directas
estatais),  e  por outro o interese das empresas que (aínda baseándose en
estándares libres) desenvolvan as traducións, adaptacións, consultorías,
xestión, subvencións e un longo etc de tarefas (moitas veces superfluas). E
para profundizar nestas disertacións xa se mete un de cabeza na cor do
sistema político actual, farto de pragmatismo avalado polo relativo benestar
xeral e tendente, coma sempre foi nestes lares do planeta, a favorecer
indiscriminada e caciquilmente o capital privado <<afín>>.

¿De quen provén orixinalmente esta iniciativa? ¿Responde este interese
repentino da Xunta polo software libre a un deber cos cidadáns ou a un pulo
puramente empresarial? A resposta creo que está no xeito que tiveron
anteriormente e teñen agora de proceder.


>       Pero está claro que, non sei se por interese ou por despiste,
> ignoraron totalmente todos os proxectos de tradución de software libre
> actuais.  O que pasa é que non sei cal das opcións me parece máis
> ridícula,
> así que esperarei a que se definan un pouco máis para dar a miña opinión.
> 
> -- 
> Unha aperta,
> Jesús Bravo Álvarez
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
> 

-- 
Echte DSL-Flatrate dauerhaft für 0,- Euro*!
"Feel free" mit GMX DSL! http://www.gmx.net/de/go/dsl
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a