Jesus Bravo Alvarez escribió: > Pero está claro que, non sei se por interese ou por despiste, > ignoraron totalmente todos os proxectos de tradución de software libre > actuais. O que pasa é que non sei cal das opcións me parece máis ridícula, > así que esperarei a que se definan un pouco máis para dar a miña opinión. > >
Ola a todos, Visto o lío montado, permitínme contactar con xente do CESGA (con J. Arribi) para comentarlle o detalle da non mención de proxectos como Trasno na páxina de mancomun. Enviovos a resposta de Arribi e de Antonio Pérez Casas (que na actualidade está na Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información). -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- From: arribi <[email protected]> To: <[email protected]> Ola Tomás: Estou ó tanto e é unha mágoa porque neste proxecto sempre se citou a trasno cando se falou de localización. Tentaremos integralos da mellor maneira posible recoñecendo o seu traballo. En calquera caso, hai moita xente que non está nomeada explícitamente, como Jorge Rivas, o responsable da única localización que había para o galego do OOo. O que temos que tentar é que ninguén se sinta excluido e isto creo que o clarificou moito Elena onte na súa conciliadora presentación. En fin, contactaremos con eles para clarificar o que vexan necesario. Gracias pola información. Saúdos, J. Arribi ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- From: <[email protected]> To: <[email protected]> To: arribi <[email protected]> Ola Tomás e Jesús, Completamente de acordo con vos, son o primeiro en recoñcer o esforzo de Trasno e a súa contribución, non se fixo unha mención explícita a ningunha organización ou persoa precisamente por evitar esquecernos de alguén. Por parte da Dirección Xeral e a Consellária reiteramos o noso compromiso cos diferentes grupos, incluíndo nun lugar destacado o traballo de Trasno, e ofrecemos tanto mancomun.org como a posibilidade de reunirnos con eles para todo o que consideren necesario, pola nosa parte xa manifesto de antemán o interese de contar con eles. Adxunto copia da última parte da presentación do Conselleiro que creo bastante explícita, tanto no caracter colaborativo, como no feito que é un inicio aberto, como no recoñecemento, aínda que tamén acepto as criticas dos que poidan considerar que non foi suficiente. Presentación Fernando Blanco Iniciativa Galega polo Software Libre: Mancomun.org: ... Os diferentes servizos que hoxe poñemos a disposición das empresas e comunidade de software libre queren respectar a filosofía do software libre no referido ao seu caracter aberto e colaborativo, a súa eficacia dependerá da nosa capacidade para recoller e fomentar as iniciativas relacionadas co software libre, pero sobre todo da vosa capacidade de propoñer e realizar as mesmas. O portal mancomun.org pretende ser un punto de encontro das empresas, administracións e comunidade de usuarios con proxectos de software libre, ben sexan estes de localización, desenvolvemento, difusión, formación ou implantación. Os estudios e observatorios que hoxe poñemos a disposición de toda a sociedade galega son unha primeira contribución que nos permite coñecer a situación de partida e a súa evolución, avaliar a efectividade das medidas adoptadas e axudar con información rigorosa ás empresas que estean realizando planes de negocio. A partir de agora abrimos este espazos para recibir as vosas suxerencias de novos servizos ou mellora dos existentes nese clima colaborativo no que me refería anteriormente. Por último, quixera recoñecer a contribución do CESGA e as universidades galegas na realización, pero tamén a das distintas asociacións e grupos de persoas voluntarias que, en colaboración, realizaron e están a realizar traballos de desenvolvemento e tradución de aplicacións de software libre, xa que foron pioneiros neste traballo e é xusto recoñecer e agradecer o seu esforzo. .... Si o considerades oportuno os pediria que retransmitirades este correo, no meu nome, a algunha das persoas que integran Trasno.
signature.asc
Description: OpenPGP digital signature
_______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

