O Mércores 10 de Maio de 2006 ás 14:29, "Xabi dicía:

>Creo que esta iniciativa responde á copia do modelo catalán que ten todo 
>organizado baixo un mesmo proxecto en softcatala.org. O problema é que se 
>tentan facer "localización" (está ben o termo, quererán dicir tradución?) 
>non entendo como non se contactou con alguén que se adique a iso na 
>actualidade. Si se reuniron cos de agnix.org e os grupos de usuarios de 
>linux locais.

        Entendo que a iniciativa non é unicamente para traducir (ou
"localizar", a palabra paréceme correcta, é tradicional para se referir
a traducións de software), tamén teñen outros obxectivos como crear unha
forxa de software, favorecer a industria do software galego, e achegar o
software libre á empresa (unha posición máis "institucional")

        Pero está claro que, non sei se por interese ou por despiste,
ignoraron totalmente todos os proxectos de tradución de software libre
actuais.  O que pasa é que non sei cal das opcións me parece máis ridícula,
así que esperarei a que se definan un pouco máis para dar a miña opinión.

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a