El 08/06/2006, a las 21:09, Leandro Regueiro escribió:
Sorprendeume que non cambiasen o tema do locale (eles sobreescriben o
es_ES), que tp é tan dificil de cambiar (apenas renombrar uns
directorios e tocar un par de entradas nuns ficheiros de propiedades).
É que os de Galego21 non se molestan en máis que facer a traducción
dispoñible dende a súa web. Non lle vexo sentido ningún. Se cae a súa
web xa non temos a traducción e ademais é incómodo aplicar parches.
O cal eu creo que xa ten bastante mérito, e poderíamos tomar cartas na
parte que falta ¿non?, é unha pena desaprobeitar ese traballo feito.
Ademáis, eles teñen o wiki aberto a edición, polo que podemos
incorporar as referencias a contribucións.
O máis interesante, en todo caso, sería entregar a traducción á xente
de mozilla.
--
Atentamente,
Héctor Rivas
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno