Podes pasarme referencias sobre o tema, por se me escapa algo. Tal vez
podamos conseguir mover un pouco o tema colaborando con Galego21. Tamén
sería interesante poder traducir as páxinas de firefox, coma os
cataláns:

http://www.mozilla-europe.org/ca/

Por certo, non me presentei:

O meu nome é $FROM e traballo como administrador/programador, onde teño
a oportunidade de traballar con software libre. Tamén son exalumno da
facultade de informática de Coruña. Son usuario de Linux e software
libre desde fai moitos anos, aínda que agora uso MacOS no meu portatil
O:).

Por intereses persoais e profesionais estou interesado en fomentar a
traducción do SL a galego, e por tanto en colaborar coa xente de
Trasno, Galego21...

--
Atentamente,
Héctor Rivas

A boas horas te presentas, pero mellor tarde ca nunca ;-)

Ainda que o traballo de facela oficial sexa dificil ou longo, eu penso
que se se fai entre varias persoas (dou por suposto que se pode facer
asi) non levaria moito tempo e vale o esforzo. É certo que como hai
wiki podemos colaborar nós tamén.

Ata logo,
                Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a