El 09/06/2006, a las 10:56, Jacobo Tarrio escribió:
O máis interesante, en todo caso, sería entregar a traducción á xente
de mozilla.
Iso non vai poder ser. Para que a acepten ten que ser oficial, e para
iso
hai que facer unha morea de cousas e seguir unha morea de requisitos,
que...
digamos que foi un dos motivos polos que, orixinalmente, deixei de
traducir
Mozilla.
Podes pasarme referencias sobre o tema, por se me escapa algo. Tal vez
podamos conseguir mover un pouco o tema colaborando con Galego21. Tamén
sería interesante poder traducir as páxinas de firefox, coma os
cataláns:
http://www.mozilla-europe.org/ca/
Por certo, non me presentei:
O meu nome é $FROM e traballo como administrador/programador, onde teño
a oportunidade de traballar con software libre. Tamén son exalumno da
facultade de informática de Coruña. Son usuario de Linux e software
libre desde fai moitos anos, aínda que agora uso MacOS no meu portatil
O:).
Por intereses persoais e profesionais estou interesado en fomentar a
traducción do SL a galego, e por tanto en colaborar coa xente de
Trasno, Galego21...
--
Atentamente,
Héctor Rivas
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno