O Thursday, 1 de June de 2006 10:44, mvillarino escribiu:
> O Tuesday, 30 de May de 2006 18:59, Xabi G. Feal escribiu:
>
> Acabo de consultar o mancomun.org e abriron un foro de Localización ao
> galego de software.

Subcrebin-me. Acabo de enviar unha mensaxe. O foro está moderado, é dicer, 
antes de ser publicado será revisado por un moderador.
Por se tal, xunto o texto orixinal.

> > Olá,
>
> > o motivo desta mensaxe é recordar que xa existen varios proxectos de
> > tradución de software libre ao galego. Os da tradución de gnu, kde e
> > gnome ao galego están agrupados dentro do proxecto trasno. Penso que a
> > tradución de firefox & co. é feita por galego21. Podedes comunicarvos cos
> > voluntarios através da rolda de correo do proxecto trasno, á cal vos
> > podedes subscreber/consultar (o enderezo podedes atopá-lo na sua pouco
> > actualizada web). Eu mesmo colaboro na tradución ao galego da gui de kde.
> > O principal problema que eu atopo na tradución feita por voluntários é a
> > escaseza destes. Quen queira unirse, é benvido. Dentro do software libre
> > hai excelentes ferramentas de apoio á tradución, como kbabel, non
> > embargantes se unha cousa voto en falta é a existencia dun verificador
> > ortográfico para o galego en norma oficial que se integre co programa
> > antes mencionado. Xa hai unha RFE en kde para isto, e é de supór que se
> > arranxe axiña, dado que segundo creo o alemán ten o mesmo problema co
> > galego oficial.
> >
> > Para quen queira ler un documento de introdución á sistemática do
> > traballo do tradutor de sl, recomendo a leitura de
> > [url=http://kmymoney2.sourceforge.net/phb/translation.html]este
> > documento[/url].

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpdkm8sIN6gJ.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a