Eu non me sento obrigado tampouco a traducir, traduzo cando
quero, pero de vez en cando séntache ben que che digan que
o teu traballo ten utilidade para alguén máis que para ti.
Saúdos.

On 6/1/06, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> wrote:

On 6/1/06, nacho resa <nacho.r...@gmail.com> wrote:
> Sinceiramente, quitádesme as gañas de traducir.
> Porque parece que estades a dicir que o traballo que fago,
> o que facemos non vale para nada para os usuarios da xente
> que emprega software libre. Xa me sentín un pouco fastidiado cando
> despois de estar todo o verán pasado traballando na traducción para
> que gnome estivese traducido nun 80%, descubrín que pagaron
> 140000 € por traducir o OOo, no lugar de coller e facer becas para
> estudiantes con ese diñeiro. Pero é o que hai. Por outro lado
> non é a primeira vez que me din. "Pero ti para que traduces software ao
> galego
> sen recibir nada a cambio? Se ninguén vai empregar a túa traducción..."
> Eu traduzo porque quero ter un sistema en galego. Todas as aplicacións
> que emprego están en galego, agás kbabel que pronto rematarei a
> traducción...
> (Xabier non me olvido dese programa o que pasa que estou liado cos
exames)
> e quero que siga sendo así. Que unha aplicación que emprego non está en
> galego
> pois tradúzoa, ás veces incluso danme as grazas. E ahí é cando me sinto
> realizado. Pero algunha axuda non estaría mal.
> Con respecto a Trasno, a min gústame ter algo co que poder asociarme
> pero trasno non deixa de ser un grupo de persoas, e son as persoas as
que
> teñen todo o mérito.
> Saúdos.
>

Eu non traduzo por sentirme realizado. Eu traduzo (cando me da a gana)
porque quero que todo o que uso no meu ordenador estea no meu idioma
(se pode ser). Se ademais enviando o meu traballo á Internet consigo
que as proximas versións xa veñan algo traducidas e iso beneficie á
xente que o use (dame igual que eu sexa a única persoa beneficiada)
pois ainda mellor. E punto, que eu non son tan dado a darlle a volta
ás cousas.

Ata logo,
           Leandro Regueiro

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a