Ola, só quero comentar que ainda que é boa idea respectar os nomes orixinais dos paises, etc. únicamente adaptándoos ó noso alfabeto, tamén é certo que hai moita xente que sabe que é Londres pero non o que ven sendo London. En casos nos que haxa unha adaptación deste tipo que estea bastante asentada, é mellor usala.
Queda no aire o de facer unha especie de glosario de nomes de paises, rexións, moedas, linguas e cidades (creo que non me comin ningún). Jacobo, ¿os nomes de cidades, paises, codificacións que hai no ficheiro .po do firefox http://darcs.tarrio.org/mozilla_gl-ES/firefox-1.5_gl.po están comprobados dalgún xeito ademais dese de dicir que a ti che parecen os correctos? Ata logo, Leandro Regueiro
_______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

