On 8/23/06, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
O Mércores, 23 de Agosto de 2006 15:05, Leandro Regueiro escribiu:
> On 8/23/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
> > El miércoles, 23 de agosto de 2006 a las 14:04:06 +0200, Leandro Regueiro
escribía:
> > > Jacobo, ¿os nomes de cidades, paises, codificacións que hai no ficheiro
> > > .po do firefox están comprobados dalgún xeito ademais dese de dicir que
> > > a ti che parecen os correctos?
> >
> >  Creo que no principio púxenos baseándome nunha lista que fixera o SNL da
> > UVigo (creo lembrar) e que despois completei os nomes segundo me parecía
> > que eran e guiándome polo portugués.
>
> Haise que poñer a facer unha lista completa e corrixida de tódalas
> traducións deste tipo de cousas. Por agora podedes ir aportando
> catálogos .po, páxinas con listas de paises, moedas, linguas, rexións,
> codificacións, zonas horarias, etc. para ir xuntando. Despois xa
> veremos que traducións lle damos.
Nota: colaborar coa galipedia de paso, que esta informazón é mais útil do que
parece.

Amais dos .po que antes comentei, creo lembrar que en kdelibs/ hai un chamado
algo asi como timezones,po que asi polo nome, debe axustar-se de abondo a
isto que dis.

Evidentemente. Xa tiña pensado que se isto se botaba para adiante,
lles iriamos pedir axuda a eles para consensuar as traducións e todo
iso. Pero o que boto en falta é un organismo oficial que nos poida
axudar, ou algo. É incrible os sitios nos que se poderian usar estas
traducións. Traducimos unha vez de serve para vinte ou trinta sitios
(non tantos dende logo, pero son moitos).

Ata logo,
              Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a