Vaia, xa se me están as gañas de meterme neste fregado jajaja!!! Vexo que terei que facer algo manual. Ocorreseme facer un guion que almacene o titulo e a tradución do xa traducido e logo pasalo ao novo ficheiro fila a fila e se nesa fila coincide o titulo pois que poña o texto da versión anterior.
Isto con python non debería ser dificil percorrer o ficheiro xa traducido e almacenar nun dicionario o titulo e a tradución logo percorrer o fichiro sen traducir e comprovar se o titulo está no dicionario, se está, substituimos se non está, pois mensaxe orixinal ao canto (esta terei que traducila) O que me parece incrible é que ninguen teña feito algo así, este é un ficheiro de joomla e todos teñen o mesmo xeito. De feito en ciberirmandade agora que lembro puxeron o frontend (non sei como traducilo, interface?) en formato po, polo que supoño que teran algo para pasar do php a po. Vou preguntar. Saudos Remitente: Daniel Muñiz Fontoira Eu uso software libre [1] [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html mvillarino escribió: > O Mércores, 14 de Marzo de 2007 11:01, Daniel Muñiz Fontoira escribiu: >> Ola: >> >> Quería comentar una dubida e que seguro que ten solución. >> Teños dous ficheiros, un parcialmente traducido e outro sen traducir >> (incluidos). >> O caso é que quería aproveitar o xa traducido no ficheiro 1 para facer a >> tradución do 2. >> A cuestión é, ¿hai forma de que facer o paso automatico da versión 1 á >> duas? Explicome millor, teño que comezar sempre de cero no ficheiro 2? ou >> podo pasar ao ficheiro 2 as cadeas xa traducidas? >> Penso que ten que haber algunha forma de aproveitar o traballo xa feito >> non? > A ver, parece que estexas a traducir cadeas de texto dun programa escrito en > php, non? > Ven, resulta que gettext, polo menos o gettext de gnu, permite a i10n de > código fonte en php. > Á parte de tentar convencer á equipa de desenvolvimento de que int....alice o > programa (descoñezo os intríngulis do php, se callar proba a preguntarlle ao > desenvolvente de traducíndote), podes probar a: > > forzar por ti a extracción das cadeas desde as fontesPHP->ficheiro POT (man > xgettext), traducir este, e logo mediante unha das ferramentas do > translate_poolkit de wordforge (os de pootle/pootling), converter o PO nun > ficheiro csv (comma separated values), tras isto, o que poderías é facer un > guión que fose substituíndo cada aparición da cadea orixinal pola > correspondente traducida. > O de converter a csv póñoo por ser máis simples de procesar coa shell. > > Outra: extrair as cadeas orixinais a un ficheiro, e as cadeas traducidas a > outro, concatenalos cun formato como o que espera o tr_toolkit para o > ficheiro csv, e conservalo. O guión de sustitución de cadeas non cho quita > nen xesusiño. > >> Saudos e grazas. >> >> pd. A isto eu chamolle facer uso dun ficheiro historico. ainda que non >> sei se é correcto. > a algo parecido chámaselle "compendio" en kbabel.

