On 6/8/07, dmunhiz <[email protected]> wrote:
Ola:
Ando a traducir unha extensión de mozilla, o reminderfox, ten un
calendario, tarefas... O caso é que non teño clara cal é a tradución
mais axeitada
reminder: recordatorio, lembrete (isto é en portugues, mirei no volga e
non aparece ainda que ao meu modo de ver é moi axeitado), recordación,
lembrado, recordativo...
Recordatorio, se é que é asi. Mira nun diccionario...
Tooltip: etiqueta de información?
Globo de axuda, ainda que creo que habia outras traducións tamén
válidas. Poñede isto no glosario.
Developers: desenvolvedores ou desenroladores?
Desenvolvedores home!! A outra forma é incorrecta
completed: refirese a tarefa ou recordatorio (reminder), que será o mais
axeitado? completado, feito, rematado...
Rematado pareceme a mellor opción, ainda que as tres son correctas.
popup: notificación emerxente?
Psi... ainda que seguro que hai opcións mellores. Poñede estas cousas
no glosario, por favor.
Saúdos e grazas.
--
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
--
To unsubscribe, send mail to [email protected].