Ola Nacho:
Onde podo conseguir (se se pode) a versión na que traballas?
E aproveitando que estas ao tanto, sabes de onde toma o dicionario xa
que a min non me recoñece axeitadamente a pesares de ter o dicionario do
openoffice actulizado á última.
Finalmente comentar que o proxecto "parece morto" xa que a última
actualización é de febreiro de 2005 (http://gtranslator.sourceforge.net/)
Supoño que algo pasará non? ou é que se está a retomar o proxecto.
Saúdos e grazas.
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
Nacho escribiu:
Ola,
Na versión na que estou traballando xa está cambiado.
Nesa versión (a estable) está mal pensado o sistema
para cambialo, terías que recompilar o programa. Cousa
que non creo que vaias a facer. Se o queres facer
explícocho sen ningún problema.
Saúdos.
On 6/28/07, *dmunhiz* <[email protected] <mailto:[email protected]>> wrote:
Ola:
Ultimamente ando a usar o gtranslator para facer algunha tradución, o
caso é que na alínea onde se indica o correo do grupo de tradutores
aparece o da antiga lista de trasno. Gustaríame saber como se pode
cambiar para anovalo.
Saúdos
--
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
--
To unsubscribe, send mail to [email protected]
<mailto:[email protected]>.