Ola, un pouco comentar como está a cousa no mundo do gtranslator: polo de agora, xa é totalmente funcional faltan por corrixir algún que outro bug pero bueno proximamente.
Cousas que ten: * Memorias de tradución (polo de agora non soporta tmx) * Inserción sinxela de parámetros * Inserción sinxela de etiquetas * Plugin para subversion, moi útil se eres mantedor * Comprobación ortográfica * Realzado de sintaxe * Perfís * Podese abrir unha lingua alternativa para poder ver a tradución que se fixo noutra lingua * Pódense abrir varios po nunha mesma ventá * Plugin para opentran * Integración con gucharmap (movida para caracteres raros) * Integración co dicionario de gnome E moitas cousas máis que seguro que vos gustarían. Se o queredes probar xa sabedes de momento non hai release así que a descargalo de svn e a compilar. Calquer erro que atopedes contádemo ou crear un bug no bugzilla de gnome. Saúdos.

