Ola Nacho:
Seguro que é un excelente traballo.
Unha dubida, ten xestor de catálogos?, refirome a se tes un cartafol con
ficheiros a traducir, detecta os ficheiros e como están de traducidos
(coma o poedit).
Poderías explicar como é o proceso de descarga e compilación? (desde
ubuntu por exemplo)
Poderías por os comandos para por na consola? (descarga svn, compilado e
instalación) ou polo menos os que ti usas?
Saúdos e grazas!
Ignacio Casal Quinteiro escribiu:
Ola,
un pouco comentar como está a cousa no mundo do gtranslator:
polo de agora, xa é totalmente funcional faltan por corrixir algún que outro
bug pero bueno proximamente.
Cousas que ten:
* Memorias de tradución (polo de agora non soporta tmx)
* Inserción sinxela de parámetros
* Inserción sinxela de etiquetas
* Plugin para subversion, moi útil se eres mantedor
* Comprobación ortográfica
* Realzado de sintaxe
* Perfís
* Podese abrir unha lingua alternativa para poder ver a tradución que
se fixo noutra lingua
* Pódense abrir varios po nunha mesma ventá
* Plugin para opentran
* Integración con gucharmap (movida para caracteres raros)
* Integración co dicionario de gnome
E moitas cousas máis que seguro que vos gustarían.
Se o queredes probar xa sabedes de momento non hai release así que a
descargalo de svn
e a compilar.
Calquer erro que atopedes contádemo ou crear un bug no bugzilla de gnome.
Saúdos.