2008/9/25 damufo <dam...@gmail.com>

> Ola Nacho:
> Seguro que é un excelente traballo.
> Unha dubida, ten xestor de catálogos?, refirome a se tes un cartafol con
> ficheiros a traducir, detecta os ficheiros e como están de traducidos (coma
> o poedit).

Está implementado pero faltan cousas. De momento non está no repositorio
porque aínda está un pouco verde.
A captura aquí:
http://nachoslog.blogspot.com/2008/05/project-manager-for-gtranslator.html

>
>
> Poderías explicar como é o proceso de descarga e compilación? (desde ubuntu
> por exemplo)
> Poderías por os comandos para por na consola? (descarga svn, compilado e
> instalación) ou polo menos os que ti usas?
> Saúdos e grazas!


 http://nachoslog.blogspot.com/2008/07/installing-gtranslator.html
ahí están os paquetes que tendes que instalar xunto co libgnomeui-dev en
caso de usar ubuntu

Pasos:
svn co http://svn.gnome.org/svn/*gtranslator*/trunk gtranslator
./autogen.sh
make
sudo make install

No autogen diravos se vos falta algún paquete, en teoría se instaláchedes
todos os que poño no blog
non vos devería dicir nada.
Por certo, o gtranslator funciona en gran parte por medio de plugins así que
lembrádevos de activalos
no diálogo de preferencias.
A barra de ferramentas é editable así que non me veñades conque faltan
cousas na barra de ferramentas.
Os atallos de menú tamén son editables así que se non vos gustan tamén os
podedes cambiar.

Saúdos.

>
>
>
>
> Ignacio Casal Quinteiro escribiu:
>
>  Ola,
>>
>>  un pouco comentar como está a cousa no mundo do gtranslator:
>> polo de agora, xa é totalmente funcional faltan por corrixir algún que
>> outro
>> bug pero bueno proximamente.
>>
>> Cousas que ten:
>>  * Memorias de tradución (polo de agora non soporta tmx)
>>  * Inserción sinxela de parámetros
>>  * Inserción sinxela de etiquetas
>>  * Plugin para subversion, moi útil se eres mantedor
>>  * Comprobación ortográfica
>>  * Realzado de sintaxe
>>  * Perfís
>>  * Podese abrir unha lingua alternativa para poder ver a tradución que se
>> fixo noutra lingua
>>  * Pódense abrir varios po nunha mesma ventá
>>  * Plugin para opentran
>>  * Integración con gucharmap (movida para caracteres raros)
>>  * Integración co dicionario de gnome
>>  E moitas cousas máis que seguro que vos gustarían.
>> Se o queredes probar xa sabedes de momento non hai release así que a
>> descargalo de svn
>> e a compilar.
>> Calquer erro que atopedes contádemo ou crear un bug no bugzilla de gnome.
>>
>> Saúdos.
>>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a