Para iso temos un glosario (http://www.trasno.net/trasno:glosario), nel
vaise poñendo o que se vai decidindo, e en moitos casos cando hai varias
posibilidades ponse unha como recomendada. Isto ademias de ser
enriquecedor dalle ao tradutor esa liberdade que sempre se agradece.
Outra cousa, en canto a administración, sinceramente, penso que pouco
lles importa (o da homoxeneidade), non me estrañaría que mesmo haxa
casos nos que usen o SO en español e seguro que tampouco teñen ningún
problema, ademais teño comprobado que cando fan cousas, van por libre,
polo menos en canto ao glosario do termigal (o de mancomun), e usan o
termo que lles peta, ao mellor non son eles é a empresa que contrataron,
en todo caso non lles preocupa.
Por outra banda, penso que o importante é que estea en galego (e nunca
en castrapo), os sinónimos sempre enriquecen (as veces tamén confunden).
Este tema está moi, moi, debatido.
Saúdos
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
Miguel escribiu:
Tanto Leandro coma Xavy dades bos apuntamentos:
1. é verdade: hai que pensar en 'add-on'; se cadra aí si é ben acertado
'complemento' ou inda mellor 'engadido'; inda que penso que usouse
nalgún lado 'complemento' para plugin por iso o suxeria.
2. Evidentemente shape é na meirande parte das veces 'forma', sen máis.
3. Non temos verbo/substantivo para iso de referirse á vez a (cambiar)
maiúsculas/minúsculas e hai que buscar unha frase para expresalo.
4. 'criar' é un termo da AGAL. Xa sei que a AGAL é reintegracionista,
Mais, de novo, con todos os respetos do mundo, dende a reforma
ortográfica do 2003 pensei que os mínimos e a RAG se integraran
definitivamente. Dígoo porque ó final o que se aplica nalgunhas
tradución é mais ben mínimos. ((NB: tradúzase coma se traduza mérito
pra todos os que o fan; que leva tempo e non son eu quen para criticar
a ninguén que son tradutor esporádico))
5. Erro meu: é 'arquivo' e descoñecía que se empregara só para ficheiros
comprimidos.
Por último; escollín se cadra malos exemplos, referiame ó final a que o
que se debería buscar é que o resultado das tradución dea unha sensación
de coherencia para o usuario final, especialmente dentro dos proxectos
respectivos (léase KDE, Gnome...). Especialmente se queremos que as
plataformas libres sexan ó final empregadas por institucións coma a
Xunta necesítase isto e ademais, e por iso a miña insistencia nun tema
espiñento, a adhesión á normativa da RAG.