En xeral para todas as contestacións, non creo que haxa que facer unha 'limpeza léxica'. Primeiro, expuxen os meus razoamentos sobre certos termos xq me parecía interesante. Logo, Digo que empregando o opentran podemos saber como se están a traducir termos nos dous escritorios e iso pode servir para eliminar incoherencias que mesmo se dan dentro dun programa.
/ ie./ se un dialogo foi denominado (ie.) "Preferencias" non ten moito xeito que logo nese mesmo programa se traducira outra liña coma "vaia ó diálogo Configuracións" porque o "Usuario Anónimo dun KDE en Galego" non o ía atopar na vida. Naturalmente, nin todo o que xa se traduciu ten por que ser respectado nin se deba evitar adaptar a tradución ó contexto. Xa dixen que era unha reflexión e non pretendo que se obrigue a ninguén a nada. O de traducir é voluntario. Nada mais. E, si, efectivamente tiña a mvillarino en mente cando falaba das normativas porque estou co KDE e voume atopando coas súas traducións. A miña opinión persoal do reintegracionismo probablemente sexa diametralmente oposta a túa (villarino). Tamén eu soio usalo segundo artigo e facer tódalas contracción que na fala se dan porque creo que non o facer elimina unha parte tan esencial que o deturpa completamente. Tampouco son partidario dos -beis por que absolutamente ninguén os usa de forma natural. Inda así estou a favor do cambio a 'nh' e 'lh' e de aceptar certas inflexión que se usan no galego raiano (Eo-navia e Bierzo especialmente) que son comúns co Portugués. Agora ben; eu decido usala RAG pero esta é a miña opinión persoal e a aplícoa as traducións que modestamente poida facer mais non lle hei dicir a ninguén que cambie a forma de traballar. Menos cando é unha persoa que traduce con calidade e en cantidade; e ole! ole! ole! porque a maioría do 70% do KDE correspóndeche!!!, mvillarino. Tamén acertas; o escritorio KDE é o máis usado, cunha diferenza ben ampla, inclúe programas a fartar pero quen recibe os meritos é o GNOME (do que so me sae cualificalo de 'crappy'). Oghalla á Xunta o vira así que non ha ser mais eu penso que 'nós' temos que ofrecer un 'produto' de calidade; o resto non está nas nosas mans. mvillarino escribió: > O Domingo, 29 de Xullo de 2007 15:35, Leandro Regueiro escribiu: > >>> Por último; escollín se cadra malos exemplos, referiame ó final a que o >>> que se debería buscar é que o resultado das tradución dea unha sensación >>> de coherencia para o usuario final, especialmente dentro dos proxectos >>> respectivos (léase KDE, Gnome...). Especialmente se queremos que as >>> plataformas libres sexan ó final empregadas por institucións coma a >>> Xunta necesítase isto e ademais, e por iso a miña insistencia nun tema >>> espiñento, a adhesión á normativa da RAG. >>> >> É cuestión de que se vaian sinalando os problemas para buscarlle unha >> solución entre todos. >> > > O problema, neste caso, son eu. > > A ver, vou explicar o sistema que veño utilizando na actualidade. > > -En xeral tento seguir os glosarios de trasno, despois o de mancomun e senón > pois miro o estado da materia en open-tran. > > -Plugin (ou plug-in) estou a traducilo como como extensión. > > -Do de shapes, son da opinión de que aínda que existe unha tradución > literal, "formas", debe analisarse se nun caso pontual o significado > desa "shape" ten unha tradución mellor, se Miguel considera que é "Molduras", > de acordo por min, quen está a revisar é el. > > -Capitalize/case: non teño boas propostas. > > -Criar: Non te preocupes polo de ofender, a estas alturas da xogada > preocúpame > ben pouco o o que a xente opine das miñas escollas léxicas. Eu son > reintegracionista, aínda que ultimamente non se me note moito, e polo que > comprobei ao longo dos ficheiros de KDE, son o único reintegracionista que os > tocou. Con base nisto, podo afirmar con certeza cáseque plena que para > converter do galego, ortograficamente isolacionista e lexicamente reint. a un > galego plenamente ralg, o que hai que facer é cargar o xestor de catálogos e > realizar as seguintes substitucións (coa ferramenta "Substituir nos > ficheiros", do menú de edición): > Procurar / substituir : > > pór poñer (nota, non estou certo de que "pór" non sexa ralg) > componente compoñente > dispon* dispoñ* (en disponíbel, disponibilizar, e derivados) > estabele* estable* > carreg* carg* > criar crear (e conxugacións) > conexón* conexión* > *imento *emento > propr* prop* > > e un grupo moi reducido de outras que agora non lembre. Con isto resolveríase > o +95% do reintegracionismo que poda ficar en KDE, usando os ficheiros po que > teño eu (enviados a xgf e algunha modificación/adición máis). > > Respeito do da unificación gnome/kde, pois sí, estaría ben, pero non é algo > que me resulte especialmente preocupante, tampouco estou a favor da "limpeza > étnica" no campo do léxico, a min non me importa que se me substitúa nengunha > das palabras anteriores, pero si vería mal que se obrigase a traducir dun > xeito dado tal que, habendo máis dun vocábulo galego, algún deles resultase > excluído, por exemplo "window" sempre como ventá, fiestra ou xanela. > Neste sentido creo oportuno recordar o que dicía Guido van Rossum na guía de > estilo de Python: Tan importante como seguir as normas de estilo é saber > cando non seguilas. > > Un exemplo disto é, "overscan": para un programa como kdetv, destinado a ser > usado por persoas coma min, que deben ler o manual da tv cada vez que > sintonizo unha canle, non traducir ese termo sería un erro. Agora, para un > programa de edición de video destinado a montadores afeizoados ou > profisionais, con coñecimento da materia, podería usarse sen problema. > Outro exemplo será a propria "window": coa de tipos de tamaños de áreas > rectangulares (mainwindows, errormessage, etc), poderíase especializar cada > un dos termos. > > Polo que se refire á xunta, non me preocupa que o usen ou non, en Galiza non > hai empresa nengunha que apoie o desenvolvimento de KDE, no entanto que si o > hai de gnome, e non irán apoiar a KDE nunca, a non ser ao xeito simbólico dos > políticos: na foto. As reportaxes aparecidas na Voz hai unhas semanas > reforzanme nesta crenza. > > En resumo: que sigo nos meus trece, facendo en esencia o que me sai do > c*****o, pero non me importa que se me corrixa, axudarei nisto o que poda, > pero non o farei eu. > >

