Boas!
Hoxe estiven botando unha olladas as estatísticas das traducións ó
galego dos
escritorios e dalgunha distro e relsulta que paga a pena resaltalos.
1. Gnome parece centrar máis a atención (inda que non atopo cantos
tradutores
hai traballando nel exactamente) namentres que KDE conta con cinco persoas
(se me inclúo)
2. As interfaces en Gnome 2.20 están ó 90% en KDE4 ó 55% (+-) inda que
Gnome
son 38307 cadeas en KDE son case 100000 (99981 cadeas para ser exactos).
Habería que, para ser xustos, incuír outros paquetes de Gnome na tradución
que elevan o número de cadeas e que non pertencen ó escritorio (de feito
poderían ser coma 80000 cadeas máis!) pero corresponden a programas coma dia,
sodipody, anjunta, networkmanager...
3 Así que se o ciclo de lanzamento é de 6 meses en Gnome toca a 42
cadeas/día*persoa só para a base e en KDE (contando cun ciclo máis amplo de 8
meses, xa que non é regular e grazas) toca a 416 cadeas/día*persoa. Se o
cálculo se fai para 'todo' Gnome a cifra sería de 666 cadeas/día (aprox)
Agora ben, indo ó Ranking de Distrowatch etc ( e eliminado o ruido ) eu
diría
que as ditros estarían nun ranking de uso real tal que así:
1. Ubuntu
2. Fedora
3. openSuse
4. Debian
5. Mandriva
(evidentemente isto é opinable; Fedora ben podería sela distro máis
usada ou
mesmo Debian estar subestimada do mesmo xeito que Ubuntu sobrestimada. Se me
xogara cartos na aposta diriaas no orde de arriba, lol)
Empezando por abaixo:
- Madriva: Leandro pode dar fe de que fai falla xente aquí
- Debian: state unknown: non traducida?
- openSuse: sen tradución, (serían sobre de 20000 cadeas, esencialmente
as de
Yast! >> é a que eu uso desde fai 2 anos ;) )
- Fedora: sen tradución
- Ubuntu: pois coma unhas vinte persoas!! e outras tantas que
participaron!!.
Como é que Ubuntu consigue acaparar tanta atención e os escritorios
(que é o
realmente visible) non o fan? En serio existen máis de 40 usuarios de Ubuntu
en GZ? (dígoo en parte de broma, oghallá houbera miles).Tal vez un efecto
de 'tradución por apetencia'(= eso usoo eu> ah, pódese traducir?> quero
traducilo! de neo-Linuxeiros?
Como a tradución de Gnome está tan avanzada após de KDE? (e reitero que
omito
o número de tradutores xa que a parca web de Gnome non ten referencia á xente
que traduce, só ó cordinador). Tendo unha ferramenta explendida coma Kbabel
non se podería supoñer que o traballo en KDE se fixera máis axilmente?.
Opinións?