On 8/13/07, mvillarino <[email protected]> wrote: > O Domingo, 12 de Agosto de 2007 22:50, Miguel escribiu: > > Boas! > > > > Hoxe estiven botando unha olladas as estatísticas das traducións ó > > galego > > dos escritorios e dalgunha distro e relsulta que paga a pena resaltalos. > > > > 1. Gnome parece centrar máis a atención (inda que non atopo cantos > > tradutores hai traballando nel exactamente) namentres que KDE conta con > > cinco persoas (se me inclúo) > > > > 2. As interfaces en Gnome 2.20 están ó 90% en KDE4 ó 55% (+-) inda que > > Gnome son 38307 cadeas en KDE son case 100000 (99981 cadeas para ser > > exactos). Habería que, para ser xustos, incuír outros paquetes de Gnome na > > tradución que elevan o número de cadeas e que non pertencen ó escritorio > > (de feito poderían ser coma 80000 cadeas máis!) pero corresponden a > > programas coma dia, sodipody, anjunta, networkmanager...
Para o carro, para que imos traducir o sodipodi se o inkscape é mellor, e estouno traducindo eu, tiña pensado despois dos exames meterlle man á axuda. Nacho, se queres podes coller o .po do inkscape e intentar traducir o .po do sodipodi con el, a ver que sae de aí. Igual un día me poño co sodipodi que básicamente son o mesmo, só que inkscape ten 2500 cadeas e sodipodi creo que non chega a 500. > A útima vez que me votei as estatísticas, se en gnome engadías todo o que > estaba fora do "núcleo duro", a estatística reducíase até ese 55%. > Gnome 2.20 : Trad 34652 N/d 1697+1965 > Fifth toe: Trad 2596 Nd 1581+3796 > Extra: Trad 17394 N/d 2414+19469 > Infraestrutura: Trad 112 N/d 277 > Produtividade: Trad 1673 N/d 1993+4405 > > Suma: Trad=56427 N/d= 37597 Total=94024 => Traducido=60,0% > > A día de onte (20070812), a miña copia de traballo do repositorio l10n-kde4 > figuraba dun 76% de tradución, a iso habería que sumarlle unha serie de > ficheiros que por diversas causas non son contabilizados nesa estatística > pero que están traducidos, ou iso creo: kopete, amarok, kdelibs4..., así como > o que ti e xgf teñades feito. > > > > > 3 Así que se o ciclo de lanzamento é de 6 meses en Gnome toca a 42 > > cadeas/día*persoa só para a base e en KDE (contando cun ciclo máis amplo de > > 8 meses, xa que non é regular e grazas) toca a 416 cadeas/día*persoa. Se o > > cálculo se fai para 'todo' Gnome a cifra sería de 666 cadeas/día (aprox) > > O meu cálculo para TODO kde é de que hai que traducir unhas 260 novas cadeas > ao día, e tocar un total de 600 (as anteriores incluídas)... levo votando a > conta desde alfa1. Este é o traballo total, a partillar. > > > > > Agora ben, indo ó Ranking de Distrowatch etc ( e eliminado o ruido ) > > eu > > diría que as ditros estarían nun ranking de uso real tal que así: > > > > 1. Ubuntu > > 2. Fedora > > 3. openSuse > > 4. Debian > > 5. Mandriva > > > > (evidentemente isto é opinable; Fedora ben podería sela distro máis > > usada > > ou mesmo Debian estar subestimada do mesmo xeito que Ubuntu sobrestimada. > > Se me xogara cartos na aposta diriaas no orde de arriba, lol) Eu estivera traducindo algo de fedora, pero como non a usei case nada, case que llo deixo a alguén que si a use e lle aproveite o traballo. Puxen instruccións para parvos na wiki de Trasno por se alguén se anima. Veña... Xa que usas OpenSuse poderiaste poñer a elo, é a distro con máis cadeas propias para traducir, creo. Non sei como hai que facer, pero dende a wiki de Trasno, se é que non hai información nela, poderás chegar á wiki de OpenSuse para atopar información. Sobre Ubuntu supoño que non haberá que falar de Rosetta onde hai uns cincuenta tradutores rexistrados, ainda que moitos, coma min, creo que non é que traballen moito. > > > > Empezando por abaixo: > > > > - Madriva: Leandro pode dar fe de que fai falla xente aquí De feito levo varios meses sen tocala, ainda que antes con traducir un mes ó ano antes da saída da próxima versión xa chegaba. Por certo, non podo traballar nelo agora, se alguén se anima que contacte con Pablo Saratxaga e que se poña. As versións saen en outono, creo que en outubro, pero sobre o mes non me fagades moito caso. > > - Debian: state unknown: non traducida? > jtarrio está con Debian, ademais, hai outra xente interesada, (pergúntalle a > suso baleato) Exacto, e non deixa entrar a moita máis xente, para manter a calidade da tradución, creo. O instalador estao traducindo outra persoa. > > Como a tradución de Gnome está tan avanzada após de KDE? (e reitero > > que > > omito o número de tradutores xa que a parca web de Gnome non ten referencia > > á xente que traduce, só ó cordinador). Tendo unha ferramenta explendida > > coma Kbabel non se podería supoñer que o traballo en KDE se fixera máis > > axilmente?. > > > > Opinións? > Ver arriba. > Non te penses tampouco que só cunha ferramenta se fai o traballo: todo KDE, > gui+documentación, suman 2E6 palabras, si, dous millóns de palabras (a > 0,12€/palabra, 240 000€, a 36€/hora e 500 palabras/hora, 144 000€). Fai > falla "manpower", xente que colla e se pase tempo traducindo, un día, e > outro, e outro, e outro...... Isto non se fai meténdose un día unha panzada > de 10 horas e o resto da semana nada: é preciso convertelo nun costume, algo > diario, votar media hora, ou unha enteira, diante do trasto cada día. > No meu caso, iso é o que fago, pórme a traducir é unha especie de "hixiene > mental" que fago despois do traballo. As fins de semana non: é que non me > gosta a praia, entón fágoo por gusto. Iso é o que me fai falta a min, pero sonche moi inconstante. Ultimamente deume por facer iconas en SVG co Inkscape e por iso teño o Inkscape máis ou menos traducido. O poEdit esta totalmente traducido por min. O Tuxpaint anda ai. Xa vedes que collo cousas pequenas, exceptuando Mandriva. > -- > Best regards > MV > ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> > Public key available at www.keyserver.net > GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE > >

