O Domingo, 12 de Agosto de 2007 22:50, Miguel escribiu: > Boas! > > Hoxe estiven botando unha olladas as estatísticas das traducións ó > galego > dos escritorios e dalgunha distro e relsulta que paga a pena resaltalos. > > 1. Gnome parece centrar máis a atención (inda que non atopo cantos > tradutores hai traballando nel exactamente) namentres que KDE conta con > cinco persoas (se me inclúo) > > 2. As interfaces en Gnome 2.20 están ó 90% en KDE4 ó 55% (+-) inda que > Gnome son 38307 cadeas en KDE son case 100000 (99981 cadeas para ser > exactos). Habería que, para ser xustos, incuír outros paquetes de Gnome na > tradución que elevan o número de cadeas e que non pertencen ó escritorio > (de feito poderían ser coma 80000 cadeas máis!) pero corresponden a > programas coma dia, sodipody, anjunta, networkmanager...
A útima vez que me votei as estatísticas, se en gnome engadías todo o que estaba fora do "núcleo duro", a estatística reducíase até ese 55%. Gnome 2.20 : Trad 34652 N/d 1697+1965 Fifth toe: Trad 2596 Nd 1581+3796 Extra: Trad 17394 N/d 2414+19469 Infraestrutura: Trad 112 N/d 277 Produtividade: Trad 1673 N/d 1993+4405 Suma: Trad=56427 N/d= 37597 Total=94024 => Traducido=60,0% A día de onte (20070812), a miña copia de traballo do repositorio l10n-kde4 figuraba dun 76% de tradución, a iso habería que sumarlle unha serie de ficheiros que por diversas causas non son contabilizados nesa estatística pero que están traducidos, ou iso creo: kopete, amarok, kdelibs4..., así como o que ti e xgf teñades feito. > > 3 Así que se o ciclo de lanzamento é de 6 meses en Gnome toca a 42 > cadeas/día*persoa só para a base e en KDE (contando cun ciclo máis amplo de > 8 meses, xa que non é regular e grazas) toca a 416 cadeas/día*persoa. Se o > cálculo se fai para 'todo' Gnome a cifra sería de 666 cadeas/día (aprox) O meu cálculo para TODO kde é de que hai que traducir unhas 260 novas cadeas ao día, e tocar un total de 600 (as anteriores incluídas)... levo votando a conta desde alfa1. Este é o traballo total, a partillar. > > Agora ben, indo ó Ranking de Distrowatch etc ( e eliminado o ruido ) eu > diría que as ditros estarían nun ranking de uso real tal que así: > > 1. Ubuntu > 2. Fedora > 3. openSuse > 4. Debian > 5. Mandriva > > (evidentemente isto é opinable; Fedora ben podería sela distro máis > usada > ou mesmo Debian estar subestimada do mesmo xeito que Ubuntu sobrestimada. > Se me xogara cartos na aposta diriaas no orde de arriba, lol) > > Empezando por abaixo: > > - Madriva: Leandro pode dar fe de que fai falla xente aquí > - Debian: state unknown: non traducida? jtarrio está con Debian, ademais, hai outra xente interesada, (pergúntalle a suso baleato) > Como a tradución de Gnome está tan avanzada após de KDE? (e reitero que > omito o número de tradutores xa que a parca web de Gnome non ten referencia > á xente que traduce, só ó cordinador). Tendo unha ferramenta explendida > coma Kbabel non se podería supoñer que o traballo en KDE se fixera máis > axilmente?. > > Opinións? Ver arriba. Non te penses tampouco que só cunha ferramenta se fai o traballo: todo KDE, gui+documentación, suman 2E6 palabras, si, dous millóns de palabras (a 0,12€/palabra, 240 000€, a 36€/hora e 500 palabras/hora, 144 000€). Fai falla "manpower", xente que colla e se pase tempo traducindo, un día, e outro, e outro, e outro...... Isto non se fai meténdose un día unha panzada de 10 horas e o resto da semana nada: é preciso convertelo nun costume, algo diario, votar media hora, ou unha enteira, diante do trasto cada día. No meu caso, iso é o que fago, pórme a traducir é unha especie de "hixiene mental" que fago despois do traballo. As fins de semana non: é que non me gosta a praia, entón fágoo por gusto. -- Best regards MV ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
pgp16b19mCTYK.pgp
Description: PGP signature

