Pois tes razón, penso que deberiamos xuntarnos e debater. Primeiro, porque sería bo coñecer cal é asituación real da tradución galega e por definir estratexías en relación ós proxectos a traducir, as ferramentas... mais tamén, e segundo, por definir se habería que facer que a tradución do código aberto algo máis visible, se deberiamos realizar seminarios, conferencias etc para intentar involucrar a máis xente ou que posición poderiamos adoptar no eido político para poder obter axudas/apoios (a min non me virian mal un creditos de libre configuración na facultade!, LoL). A este respecto mesmo se podería pensar se unha 'asociación de tradutores' podería beneficiar a hora de facer avanzar cousas a nivel político. (Supoño q este tema traerá polémica, ;) )
Eu propoño reunirnos en Santiagho (chéghase relativamente rápido dende a meirande parte das cidades ghalleghas), na USC ou similar, e data, a que se queira, por exemplo, un finde do mes que ven. Aburiño! 15 March 2008 22:47:43: > Ola a tod@s. > > Diríxome a tódalas listas de correo sobre tradución de software libre > ó galego que coñezo para comentar o acontecido hoxe no relatorio sobre > localización de SL ó galego de hoxe na XGN. > > Por unha casualidade do destino ou por pura casualidade sen máis, hoxe > non se asistiu moita xente, polo que dun xeito ou doutro ó final este > relatorio converteuse máis ben nunha discusión sobre cal será o futuro > da localización de SL, deficiencias das ferramentas e dos métodos, > carencias de organización na tradución e un relativamente longo > etcétera (perdoade que non me espalle máis, pero é que xa estou medio > para aló, dous días na XGN e xa se sabe)... > > Ó final chegouse a un acordo sobre que estas cuestións e outras que > puideran xurdir máis adiante, deberían ser discutidas polo maior > número posible de persoas involucradas na localización ó galego do SL. > Polo tanto esta mensaxe é un chamamento para todos vós, para intentar > concretar unha data e un lugar convenientes para levar a cabo un > debate máis polo miúdo. > > Debido a que se todos respondemos a listas diferentes se van crear > varias discusións paralelas, será aconsellable enviar tódalas > respostas a unha única lista, por exemplo a > [email protected] > > Ata logo, > Leandro Regueiro

