Ola:
Eu, coma sempre, estou á escoita. Leo todas as mensaxes que nesta lista
se publican.
Saúdos
Leandro Regueiro escribiu:
Primeiro, porque sería bo coñecer cal é asituación real da tradución galega
> e por definir estratexías en relación ós proxectos a traducir, as
> ferramentas... mais tamén, e segundo, por definir se habería que facer que
> a tradución do código aberto algo máis visible, se deberiamos realizar
> seminarios, conferencias etc para intentar involucrar a máis xente
Si, isto por suposto, vai facendo falla que se vai xuntando outro cambio de
xerazón (que vou vello, e eu non son dos primeiros)
Si, xa hai un cambio.
> ou que
> posición poderiamos adoptar no eido político para poder obter axudas/apoios
> (a min non me virian mal un creditos de libre configuración na facultade!,
> LoL). A este respecto mesmo se podería pensar se unha 'asociación de
> tradutores' podería beneficiar a hora de facer avanzar cousas a nivel
> político. (Supoño q este tema traerá polémica, ;) )
Disto xa se falara aló atrás, e aínda que eu creo que é boa idea, non se
chegou a nada. Certamente, isto daría pé a poder pedir axudar, ou mesmo a
externalizar as tarefas de tradución que está a facer mancomun. No que á
formación dunha asociación apolítica/non guvernamental/sen aánimo de lucro
dse refere, eu estou disposto a pringarme.
A min o dos crédito de libre nin me vai nin me ven, que xa os teño
convalidados, pero estaría ben. Sobre o da asociación, comentaranme o
outro dia os de Mancomun que pensarán en apoiarnos dalgún xeito, ós de
Trasno, pero ó non ser unha asociación non houbo maneira. A min o de
pringarme non me vai, pero haberá que facelo se é necesario.
> Eu propoño reunirnos en Santiagho (chéghase relativamente rápido dende a
> meirande parte das cidades ghalleghas), na USC ou similar, e data, a que se
> queira, por exemplo, un finde do mes que ven.
>
Merda pra Santiago, fícame lonxe de máis!
Home, quédalle lonxe a todo o mundo menos ós que non están alí. Supoño
que se poderá debater máis polo miúdo estas cousas. Non vin que moita
outra xente dera a súa opinión, agardaba que máis xente se apuntara a
isto. Polo visto calculei mal o de que a xente está máis tempo
conectada nas vacacións :)
Nunha mensaxe anterior alguén pediu máis información, e o certo é que
quero facelo, pero teño un sono acumulado... heino facer canto antes,
a ver se así se anima máis xente.
Ata logo,
Leandro Regueiro