Ola a tod@s. Diríxome a tódalas listas de correo sobre tradución de software libre ó galego que coñezo para comentar o acontecido hoxe no relatorio sobre localización de SL ó galego de hoxe na XGN.
Por unha casualidade do destino ou por pura casualidade sen máis, hoxe non se asistiu moita xente, polo que dun xeito ou doutro ó final este relatorio converteuse máis ben nunha discusión sobre cal será o futuro da localización de SL, deficiencias das ferramentas e dos métodos, carencias de organización na tradución e un relativamente longo etcétera (perdoade que non me espalle máis, pero é que xa estou medio para aló, dous días na XGN e xa se sabe)... Ó final chegouse a un acordo sobre que estas cuestións e outras que puideran xurdir máis adiante, deberían ser discutidas polo maior número posible de persoas involucradas na localización ó galego do SL. Polo tanto esta mensaxe é un chamamento para todos vós, para intentar concretar unha data e un lugar convenientes para levar a cabo un debate máis polo miúdo. Debido a que se todos respondemos a listas diferentes se van crear varias discusións paralelas, será aconsellable enviar tódalas respostas a unha única lista, por exemplo a [email protected] Ata logo, Leandro Regueiro

