> > Primeiro, porque sería bo coñecer cal é asituación real da tradución galega > > e por definir estratexías en relación ós proxectos a traducir, as > > ferramentas... mais tamén, e segundo, por definir se habería que facer que > > a tradución do código aberto algo máis visible, se deberiamos realizar > > seminarios, conferencias etc para intentar involucrar a máis xente > Si, isto por suposto, vai facendo falla que se vai xuntando outro cambio de > xerazón (que vou vello, e eu non son dos primeiros)
Si, xa hai un cambio. > > ou que > > posición poderiamos adoptar no eido político para poder obter axudas/apoios > > (a min non me virian mal un creditos de libre configuración na facultade!, > > LoL). A este respecto mesmo se podería pensar se unha 'asociación de > > tradutores' podería beneficiar a hora de facer avanzar cousas a nivel > > político. (Supoño q este tema traerá polémica, ;) ) > > Disto xa se falara aló atrás, e aínda que eu creo que é boa idea, non se > chegou a nada. Certamente, isto daría pé a poder pedir axudar, ou mesmo a > externalizar as tarefas de tradución que está a facer mancomun. No que á > formación dunha asociación apolítica/non guvernamental/sen aánimo de lucro > dse refere, eu estou disposto a pringarme. A min o dos crédito de libre nin me vai nin me ven, que xa os teño convalidados, pero estaría ben. Sobre o da asociación, comentaranme o outro dia os de Mancomun que pensarán en apoiarnos dalgún xeito, ós de Trasno, pero ó non ser unha asociación non houbo maneira. A min o de pringarme non me vai, pero haberá que facelo se é necesario. > > Eu propoño reunirnos en Santiagho (chéghase relativamente rápido dende a > > meirande parte das cidades ghalleghas), na USC ou similar, e data, a que se > > queira, por exemplo, un finde do mes que ven. > > > Merda pra Santiago, fícame lonxe de máis! Home, quédalle lonxe a todo o mundo menos ós que non están alí. Supoño que se poderá debater máis polo miúdo estas cousas. Non vin que moita outra xente dera a súa opinión, agardaba que máis xente se apuntara a isto. Polo visto calculei mal o de que a xente está máis tempo conectada nas vacacións :) Nunha mensaxe anterior alguén pediu máis información, e o certo é que quero facelo, pero teño un sono acumulado... heino facer canto antes, a ver se así se anima máis xente. Ata logo, Leandro Regueiro