Máis tempo perden outros no bar ;) > Arredemo! en que cousas perdo o tempo.
Efectivamente este é un aspecto para incluír na lista de 'to-do' na reunión. En canto ó que propós, supoño que xa me coñecedes por ser un defensor da norma da RAG, inda que discrepe de certos puntos ( e importantes). Así que o apartado que de 'escollas extranormativas' é unha dor de moas para min. A miña filosofía é que a norma ten que estar basada na realidade lingüistica e que o Galego é unha lingua de por si, moi próxima ó Portugués, (chaménselle metadialectos, linguas irmás etc) e está distanciada dabondo do Castelán como para que deste se eviten toda 'intrusión' deste no noso vocabulario e gramática. Eu nunca lle escoitei a ninguén falando con 'Sen, nen, nengún, nengunha, nengures' bardante dos reintegracionistas, nin ca terminación '-bel', que a RAG mesma admitiu. Tampouco son aceptable para min as teminacións do estilo 'conexón'; se pretende se-lo calco das terminación lusas en -çao e demáis, ou que?. Igualmente, aceitar; a min , e perdoa por ser brusco, soa a 'botar aceite'. 'acetar' é o que eu escoito na fala pero non aceitar. A xente de a pé (na que non me incluo, hehe) xa a RAG lle parece de laboratorio. Este é un tema moi visceral pra min e seguro que o habemos tratar en profundidade na reunión; así que perdoade se agora sóo brusco. Heime explicar con paciencia. Pero, alén de todo o que dixen enrriba, cos que somos e coa cantidade de tradución que temos por facer non creo que sexa hora de rifar pola normativa. Cada un que vaia traducindo como poida/queira namentres as cousas teñan sentido. Aí si, en menús e outros elementos básicos da GUI si que é necesario un certo consenso e creo que mvillarino acerta nas proposicións que fai. Saúdos, e que vos libredes desta peste de gastrointerite, que eu xa non podo. lol.

