O Luns, 7 de Abril de 2008, Miguel Branco escribiu: > En canto ó que propós, supoño que xa me coñecedes por ser un defensor da > norma da RAG, inda que discrepe de certos puntos ( e importantes). Así que > o apartado que de 'escollas extranormativas' é unha dor de moas para min.
Si, e como isto é importante (para evitar que cando se troque de tradutor un programa/módulo se perda tempo en repasar todo), convén chegar a un acordo entre cabaleiros. Estiven a pensar nisto, e penso que este enunciado pode ser de aplicación: "Unha escolla normativa válida é aquela variante da norma tal que para pasar a outra alternativa da norma abonde facer unha procura e substitución ± sistemática dunha subcadea nun texto". Exemplo: de -ble a -bel (análogo para a inversa): com afecta ao tilde da vogal previa, hai que facer cinco subtitucións: [a,e,i,o,u]ble por [á,é,í,ó,ú]bel "Unha escolla de estilo é a expresión escollida para traducir un texto, de entre varias alternativas de tradución" Exemplo: "Non foi posíbel" <---> "Non se puido". Tamén se pode parar á outra alternativa. A de -zón, -tón, -són (excepto ocasión) e -xón son semellantes. De feito agora, cando as reverto, fágoo co diálogo de Procura e substitución. Penso que vou adicarlle outro pouco de tempo á "Marce's style guide" > A > miña filosofía é que a norma ten que estar basada na realidade lingüistica eu nunca escoitei a ninguén dicir "amosar" ;-) > cos que > somos e coa cantidade de tradución que temos por facer non creo que sexa > hora de rifar pola normativa. Cada un que vaia traducindo como poida/queira > namentres as cousas teñan sentido. Hai craváchela!" Non somos tantos (nen xuntando todos os grupos) como para permitirnos levarnos apuñalarnos entre nós, e creo que tampouco podemos permitirnos facer unha "limpeza étnica" das traducións (a non ser que saques un concurso público, clarostá). > Saúdos, e que vos libredes desta peste de gastrointerite, que eu xa non > podo. lol. Primperam, meu amigo, moito primperam e moi pouca agua e a sorbiños..... -- Best regards MV
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

