2008/7/9 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: > > 2008/7/9 Jacobo Tarrio <jac...@tarrio.org>: > > El miércoles, 9 de julio de 2008 a las 13:32:48 +0200, Leandro Regueiro > > escribía: > > > >> As traducións que veñen nos diccionarios non sempre se poden aplicar a > >> tódolos contextos. Polo que puxeches entendes que recall é un > >> substantivo, pero no Battle for Wesnoth úsase coma un verbo sempre. > > > > Non, foi confusión miña porque xa vira a tradución noutros dicionarios e xa > > parei na primeira acepción que vin que se axustaba ao que xa vira. > > > > 3 recall, call back > > summon to return; "The ambassador was recalled to his > > country"; "The company called back many of the workers it > > had laid off during the recession" > > > > 2 a: to call back <was recalled to active duty> <a pitcher recalled from the > > minors> > > > > 2. to call back; summon to return: The army recalled many veterans. > > > > O importante, de tódalas maneiras, é que a xente, cando estea a traducir e > > atope unha palabra que non coñeza, non lle invente o significado, senón que > > o investigue; o mínimo é coller un dicionario e buscala nel. Eu recomendo > > wordreference.com > > > > Ah, e se fora eu quen traduce Wesnoth, traduciriao por "convocar". > > É de sabios recoñecer os erros. Así que ainda que non che gusten as > etiquetas xa tes a de sabio :) > > Volvendo ó tema. A idea é que ti xogas unha campaña composta por > varios escenarios consecutivos. Tamén tes un exército composto polas > unidades que vas recrutando (isto é recruit). Esas unidades poden > matarchas ou sobrevivir ó escenario. Se sobreviven, para volvelas ter > no teu exército tes que facer que volvan pagando 20 de ouro (isto é > recall). > > Polo tanto a miña primeira idea foi traducilo coma "volver chamar", > debido a que iso é o que se fai cas unidades e a que o meu diccionario > de inglés non é que fora moi bo. Máis adiante, e pensandoo máis e > comparando cas traducións doutros idiomas romances, vin que no > portugués brasileiro usan convocar (que non me convencia moito), > richiamare en italiano e rappeler en francés (aquí está o meu volver > chamar :)), reincorporar no catalán tanto de cataluña coma de valencia > e tamén no castelán (a miña nova proposta). Ademais está o concepto de > o facer o recall dunha unidade o que estás facendo é "reincorporala a > filas". > > Ben, despois de todo isto que pensades?? Teño futuro coma tradutor?? > > Ata logo, > Leandro Regueiro
Home experiencia tes, non creo que sexas mal tradutor dende logo xD Volvendo ó tema, Tanto Volver a chamar coma reincorporar expresan a idea á que se teñen que asigna-lo termo pois utilizarase para volver a utilizar tropas que xa utilizaches noutras batallas, o de convocar por exemplo, a min suxireme que tamén se podería utilizar para tropas que non utilizaches, é dicir ti convocas un guerreiro, se me dis esa frase, non sei se é a primeira vez que o utilizas ou se xa o utilizaches antes. Entre volver a chamar e reicorporar, coma expresan o mesmo concepto ó meu parecer, poderiase utilizar xa a que mellor soe, a miña opinión persoal, prefiro o de reincorporar, é un termo máis curto e sóame mellor. Non sei que lle parecerá ós demáis XD saúdos! Víctor Portela