>> É de sabios recoñecer os erros. Así que ainda que non che gusten as
>> etiquetas xa tes a de sabio :)
>>
>> Volvendo ó tema. A idea é que ti xogas unha campaña composta por
>> varios escenarios consecutivos. Tamén tes un exército composto polas
>> unidades que vas recrutando (isto é recruit). Esas unidades poden
>> matarchas ou sobrevivir ó escenario. Se sobreviven, para volvelas ter
>> no teu exército tes que facer que volvan pagando 20 de ouro (isto é
>> recall).
>>
>> Polo tanto a miña primeira idea foi traducilo coma "volver chamar",
>> debido a que iso é o que se fai cas unidades e a que o meu diccionario
>> de inglés non é que fora moi bo. Máis adiante, e pensandoo máis e
>> comparando cas traducións doutros idiomas romances, vin que no
>> portugués brasileiro usan convocar (que non me convencia moito),
>> richiamare en italiano e rappeler en francés (aquí está o meu volver
>> chamar :)), reincorporar no catalán tanto de cataluña coma de valencia
>> e tamén no castelán (a miña nova proposta). Ademais está o concepto de
>> o facer o recall dunha unidade o que estás facendo é "reincorporala a
>> filas".
>>
>> Ben, despois de todo isto que pensades?? Teño futuro coma tradutor??
>>
>> Ata logo,
>>                      Leandro Regueiro
>
>
> Home experiencia tes, non creo que sexas mal tradutor dende logo xD
> Volvendo ó tema, Tanto Volver a chamar coma reincorporar expresan a
> idea á que se teñen que asigna-lo termo pois utilizarase para volver a
> utilizar tropas que xa utilizaches noutras batallas, o de convocar por
> exemplo, a min suxireme que tamén se podería utilizar para tropas que
> non utilizaches, é dicir ti convocas un guerreiro, se me dis esa
> frase, non sei se é a primeira vez que o utilizas ou se xa o
> utilizaches antes.
> Entre volver a chamar e reicorporar, coma expresan o mesmo concepto ó
> meu parecer, poderiase utilizar xa a que mellor soe, a miña opinión
> persoal, prefiro o de reincorporar, é un termo máis curto e sóame
> mellor. Non sei que lle parecerá ós demáis XD

Agora que o penso tamén viria mellor no caso de que apareza usado coma
substantivo. Para reincorporar poderiase usar reincorporación, pero
para volver chamar...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a