2008/7/9 Jacobo Tarrio <[email protected]>:
> El miércoles, 9 de julio de 2008 a las 13:32:48 +0200, Leandro Regueiro
> escribía:
>
>> As traducións que veñen nos diccionarios non sempre se poden aplicar a
>> tódolos contextos. Polo que puxeches entendes que recall é un
>> substantivo, pero no Battle for Wesnoth úsase coma un verbo sempre.
>
> Non, foi confusión miña porque xa vira a tradución noutros dicionarios e xa
> parei na primeira acepción que vin que se axustaba ao que xa vira.
>
> 3 recall, call back
> summon to return; "The ambassador was recalled to his
> country"; "The company called back many of the workers it
> had laid off during the recession"
>
> 2 a: to call back <was recalled to active duty> <a pitcher recalled from the
> minors>
>
> 2. to call back; summon to return: The army recalled many veterans.
>
> O importante, de tódalas maneiras, é que a xente, cando estea a traducir e
> atope unha palabra que non coñeza, non lle invente o significado, senón que
> o investigue; o mínimo é coller un dicionario e buscala nel. Eu recomendo
> wordreference.com
>
> Ah, e se fora eu quen traduce Wesnoth, traduciriao por "convocar".
É de sabios recoñecer os erros. Así que ainda que non che gusten as
etiquetas xa tes a de sabio :)
Volvendo ó tema. A idea é que ti xogas unha campaña composta por
varios escenarios consecutivos. Tamén tes un exército composto polas
unidades que vas recrutando (isto é recruit). Esas unidades poden
matarchas ou sobrevivir ó escenario. Se sobreviven, para volvelas ter
no teu exército tes que facer que volvan pagando 20 de ouro (isto é
recall).
Polo tanto a miña primeira idea foi traducilo coma "volver chamar",
debido a que iso é o que se fai cas unidades e a que o meu diccionario
de inglés non é que fora moi bo. Máis adiante, e pensandoo máis e
comparando cas traducións doutros idiomas romances, vin que no
portugués brasileiro usan convocar (que non me convencia moito),
richiamare en italiano e rappeler en francés (aquí está o meu volver
chamar :)), reincorporar no catalán tanto de cataluña coma de valencia
e tamén no castelán (a miña nova proposta). Ademais está o concepto de
o facer o recall dunha unidade o que estás facendo é "reincorporala a
filas".
Ben, despois de todo isto que pensades?? Teño futuro coma tradutor??
Ata logo,
Leandro Regueiro