Olá, como ando curto de tempo, serei algo máis telegráfico do normal: 1.- Temos KDE4.1. Isto significa que agora trunk/l10n-kde4 é para 4.2 e branches/stable/l10n-kde4 para 4.1, tédeo en conta para o traballo que fagades de agora en diante. Se non se explicita, entendo que os ficheiros que enviades através de min son de trunk.
2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas. Consultainas, e flipai. 3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous errados. 4.- Convén ir completando módulos, en concreto koffice (van pola beta 9) e kdepim. Kdeedu levará máis tempo, a ver se lle imos dando despois. 5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada. [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo. Que vaia ben,

