2008/7/24 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>> [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.
>>
>> Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
>> non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
>> documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
>> formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
>> dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
>> tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
>> aparecian nas cadeas.
>
> Pois iso mesmo: é crítico ter activada a comprobación das etiquetas ao
> vivo, e a ser posíbel meter as etiquetas mediante atallos de teclado
> (para non confundirse nelas). Ademais hai problemas en manter a
> consistencia entre os textos da gui, e o que a documentación di que
> son os textos da gui.
> E por riba está todo o proceso de compilación, que o máis normal é que
> casque catro ou cinco veces antes de que a cousa vaia indo. Isto si
> que é desesperante.

Certo. Creo que o gtranslator a ten ou a ía ter. O kbabel creo que
tiña. O Poedit creo que non. O da consistencia creo que vai ser o gran
problema.

Respecto do da compilación non vexo problema, sempre que non se meta a
zoca cas etiquetas.

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a