> 2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
> Consultainas, e flipai.

Dao por descontado, acabo de facelo. A miña noraboa ó equipo. Estades
ó 92%, o que ven sendo o sexto idioma máis traducido.

> 3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
> moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
> errados.

Isto creo que case iria por tódalas traducións feitas no Proxecto Trasno.

> 5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
> entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
> para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
> conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
> ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.
>
>
> [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
aparecian nas cadeas.

> Que vaia ben,

Igualmente.

Ata logo,
                          Leandro Regueiro

Responderlle a