Ola, por fin rematamos ca revisión do traballo feito todas estas
semanas. Aquí tedes o primeiro envío:



> Vampire Bat
--Morcego chuchasangue (Vampiro non me parece axeitado, xa que vampiro
sóame máis aos que teñen forma humana)
--Morcego Vampiro (Na realidade existe un tipo de morcego que se chama
Vampiro, creo que lle acae mellor a esta criatura)
--Hai unha caste de morcego que se chama vampiro. O de morcego vampiro
queda fatal. Prefiro vampiro só.
--Se ninguén di nada queda "Morcego vampiro"





> Drake Clasher
--Dragón esmagador
--Dragón de pelexa (lin que clasher era o que "crea conflicto")
--Draconiano de batalla
-- Conflitivo, provocador? (ainda que provocador é a tradución de
rouser) En todo caso XXXX de batalla podería valer.
--Xxxxxxxxx de batalla paréceme ben
--se ninguén di nada queda XXX de batalla


> Drake Enforcer
--Protector dragón (http://pt.wiktionary.org/wiki/enforce non atopei
unha verba máis axeitada)
--umm, enforce é obrigar a alguén a cumprir algo en contra da súa
vontade. 'Dragón opresor'?
--Draconiano executor (de http://www.wordreference.com/es/)
--Coincido con victor no de executor, quédalle perfecto, ainda que é
unha tradución algo libre. Enforce é "facer cumprir".
--Pois a min paréceme boa a tradución, e iso que pensaba que non
habería. Aquel que fai cumplir, que "executa" a lei. Gústame.
-- se ninguén di nada queda XXX executor


> Drake Slasher
--Perforador dragón (Slash é un corte rápido e penetrante)
--XXX rebandador (existe isto en galego?)
--Draconiano "rajador" (non se me ocorre o adexetivo apropiado, pero a
idea é a dun ser que te raja pola metado ou te corta)
--Estiveramos mirando isto eu máis victor o venres e non atopamos unha
tradución axeitada. A idea é que este bicho pega golpes cunha arma de
folla con tal forza que te corta de lado a lado, cun corte profundo.
Levo toda a fin de semana matinando nelo e ainda non atopei unha
tradución axeitada. As vosas traducións non me convencen e sei que hai
unha tradución exacta.
--Algunhas ideas máis: XXXX guillotina, XXXX sabre... Coñece alguén a
tradución que fan os casteláns, portugueses, ou outros?
--Poño o que puxeron noutros idiomas:
cat: Tallador drac
es: Carnicero draco
fr: Tailladeur dracan
it: Drago sventratore
pt_br: Fatiador Draconiano


> Hurricane Drake
--Dragón dos ceos (tradución libre)
--Draconiano furacán
--XXXX furacanado. Segundo digalego " Que ten a violencia dun
furacán." Penso que é a tradución máis axeitada, xa que é unha unidade
de nivel alto.
--se ninguén di nada queda XXX furacanado
http://digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=31785&opcion=entrada



> Dwarvish Stalwart
--Valente anano
--Anano incondicional, leal... seria tradución literal, pero se alguén
se lle ocorre un sinonimo que por favor o propoña
-- se ninguén di nada queda anano incondicional


> Dwarvish Runemaster
--Mestre de runas anano
-- XXX cicelador
--Anano mestre das runas  (ou Anano cicelador de runas según vos pareza)
--Eu usei anano cicelador, pero esa tradución púxena despois de darlle
voltas varios días e tampouco é que me convencera moito. Votación ou
máis ideas...
--Para aclarar un pouco máis: esta unidade o que fai é cicelar runas
nas armas dos ananos para conferirlles poderes máxicos ou mellorar as
súas propiedades.
--Anano Mestre das Runas
--A miña tradución fixéraa pensando nunha especie de feiticeiro anano,
pero vendo o seu debuxo, case mellor cicelador.
--Eu non son tan drástico coma Leandro, pero sí me parece un termo moi
literal, creo que os propostos anteriormente lle acaen mellor, iso sí,
mal non me soa pero sigo preferindo o que pensei eu coa axuda de
Leandro, pero persoalmente o termo que utiliza él: o de cicelador, non
me gusta moito, prefiro o de Anano mestre das runas
--valee, se ninguén di nada queda "anano mestre das runas"


> Dwarvish Thunderer
--Anán Mosqueteiro
--Tronador anano
--Anano arcabuceiro (polo tipo de arma que leva que se asemella a un arcabuz)
--A idea do arcabuz é de victor, moi boa por certo, alguén se opón ou
ten unha idea mellor? Marce propoñia mosqueteiro pero o arcabuz é
menos avanzado así que queda para a evolución desta unidade.
-- se ninguén di nada queda "anano arcabuceiro"


> Dwarvish Thunderguard
--Garda tronador anano
--Anano mosqueteiro (polo tipo de arma que leva que se asemella a un
mosquete (unha evolución do arcabuz(fonte wikipedia)))
--se ninguén di nada queda "anano mosqueteiro"


> Dwarvish Dragonguard
--Cazadragóns anano
--Anano cazadragóns
--anano trabuqueiro
-- anano garda de dragóns?? Non o vexo claro. Se é por seguir ca
evolución igual metendo unha escopeta ou unha carabina por algures...
--Gústanme as traducións de arcabuceiro e mosqueteiro. E pregunteille
a meu irmán pequeno, bélico coma él so e afeito ao Canal de Historia e
aos xogos de estratexia de ambientados en todos os tempos, e cando lle
dixen "Arcabuceiro > Mosqueteiro", díxome que estaba no certo, e
continuoume a cadea con "fusileiro".
--aquí hai que escoller unha opción: trabuco, carabina, fusil. Vós diredes...


> Dwarvish Ulfserker
--Ulfserker anano (Ulfserker non o escoitara na vida, pero berserker
si, e creo que o mellor é non traducilo, aínda que é algo coma
"fanático". O "estado berserker" creo que aparecía nun xogo d'O Señor
dos Aneis, e non o traducían)
--Anano Ulfseker (totalmente dacordo con Adrián)
--Eu sigoo vendo moi raro, consultaremos o resto dos idiomas e
intentaremos guiarnos polo que eles fixeron...
-- Poño o que escolleron noutros idiomas:
cat: Ulfserker nan
fr: Ulfserker nain
es: Enano Ulfserker
it: Nano ulfserker
pt_br: Anão Furioso


> Dwarvish Berserker
--Uf, isto si é complicado: to berserk é algo así como tolear;
refírese a que ataca sen descanso. Os que coñezades o "Vampiro", o
xogo de rol, ao mellor tivestes algunha personaxe que entrase en
estado de frenesí, pois é algo así. Anao frenético
--Berserker anano
--Anano Berserker
--O dito enriba. Marce propoñia traducións coma frenético. Coma o
anano está medio tolo igual valia tolo. Nalgún xogo teño visto isto
traducido coma fanático. E penso que hai outras opcións pero agora non
lembro. Penso que sobre isto imos estar debatendo bastante tempo
--Só dúas cousas. A primeira, se traducisemos os dous nomes, eu
optaría por "frenético" para ulfserker e "fanático" para berserker
(deste tedes artigo na Wikipedia castelá:
http://es.wikipedia.org/wiki/Berserker)
--poño o que escolleron noutros idiomas:
cat: Berserker nan
fr: Berserker nain
es: Enano Berserker
it: Nano berserker
pt_br: Anão Frenético    Poño por aquí o ataque tal como o traduciron
os brasileiros, que polo visto son os únicos dados a traducir
("berserker frenzy"="frenesi selvagem")


> Dwarvish Arcanister  <--The Sceptre of Fire
-- non tedes ningunha idea para isto?? Descrición, para axudar:
http://www.wesnoth.org/units/1.4/C/Dwarvish%20Arcanister.html parece
ser unha evolución do runemaster. Poño a continuación as poucas
traducións a outros idiomas que atopei:
cat: Nan Arcanista
fr: Faiseur d'arcanes nain
it: Nano fabbro esoterico


> Dwarvish Scout  <--Under the Burning Suns
--anano explorador
--Anano scout (aparece coma sinónimo de "explorador" no Ir Indo.
--se ninguén di nada vai quedar "anano explorador"

> Dwarvish Pathfinder  <--Under the Burning Suns
--Guía pode ser unha opción. O de explorador xa está moi usado...
--Anano rastreador ou rastrexador, ambas as dúas son correctas (non é
o mesmo, pero acábaseme de ocurrir a verba "rastreador", e paréceme
que un dos tres debe chamarse así. Polo tanto, escollín o que non ten
tradución estricta)
--se ninguén di nada vai quedar "anano rastrexador", ainda que anano
guía é totalmente aceptable dende o meu punto de vista

> Dwarvish Explorer  <--Under the Burning Suns
--explorador?
--Anano batedor (que bate o terreo)
--se ninguén di nada vai quedar "anano batedor"

> Dwarvish Masked Fighter  <--The Hammer of Thursagan
> Dwarvish Masked Steelclad <--The Hammer of Thursagan
> Dwarvish Masked Lord  <--The Hammer of Thursagan
> Dwarvish Masked Thunderer  <--The Hammer of Thursagan
> Dwarvish Masked Thunderguard  <--The Hammer of Thursagan
> Dwarvish Masked Dragonguard  <--The Hammer of Thursagan
--Anano *** enmascarado, o mesmo para os seguintes. A tradución de ***
noutras mensaxes...
--Para estes, segundo os nomes que acordemos para os orixinais, o
mellor será a forma Anano enmascarado XXXXX.
--se ninguén se opón van quedar "anano *** enmascarado", sendo
substituido o *** polo termo correspondente




Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a