O Mar, 12-08-2008 ás 10:37 +0200, Leandro Regueiro escribiu: > >> Por certo, avanzades algo na tradución das vosas respectivas campañas? > > > > Eu aínda non empezara (non tiven moito tempo), pero agora estou en semana de > > vacacións e vou aproveitalo. Estou a instalar o wesnoth xa nun portátil ao > > que lle metín Ubuntu (sobre a propia instalación de Windows, pero algo é > > algo), e vou empezar xa a campaña, que me entraron ganas. Botareille unha > > ollada aos correos sobre o cvs (svn, como fose) e máns á obra. > > Tamén se pode traducir en Windows, pero como o vexas. Eu prefiro > facelo dende Linux, pareceme máis comodo.
Foi o que me levou a instalar Ubuntu. Dende que uso Linux, Windows fáiseme... "cutre". > > > Por certo, o tradutor previo do Sancho (que xa levo preto do 80, pero non > > rematarei ata dentro dunha semana cando volva a casiña) nin me contestou. > > Non sei se cambiaría de mail (bastante probable), se se lle calificaría o > > meu mail coma SPAM (posible), ou se estará de vacacións e nin ve o correo > > electrónico. > > A veces esta xente tarda bastante tempo, o meu record creo que está en > sete meses e algo. Agarda, e se non tes outra cousa que facer podes ir > actualizando a tradución. Pois a iso me porei. Irei alternando co do Wesnoth. E se me tarda máis de sete meses vou pensar en algún tipo de celebración ;-) > Ata logo, > Leandro Regueiro

