Leandro Regueiro escribiu:
2008/8/25 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
2. A marioria das cidades considero que non teñen tradución nin se deben
adaptar á nosa grafía excepto aquelas de corrente uso, coma as cidades
espaÑolas ou as grandes ou soadas.
Pois temos logo un problema: que cidades teñen tradución?
Algunhas son evidentes: londres, roma, moscovo, san petersbugbo,
pequin, cicade do cabo, nova iorque, vilna, saraievo (iirc), nova
orleans,

Pois logo con esas non hai problema. Penso que debido á gran
influencia que tivo, débese considerar a RTVG coma fonte lexítima de
posibles traducións de topónimos, ou non???

Por certo, lembro ter conversado cunha persoa dunha empresa (non
lembro cal, síntoo) no g11n sobre o tema este e dixerame algo coma que
habia xente traballando nisto mesmo. Lembro tamén, de cando me puxera
co tema este hai varios anos, que contactara co Ramón Piñeiro e non
demostraron interese, pero a persoa ca que falei, un becario, si que
tiña interese, despois dos exames pregúntademe polo tema de novo a ver
se xa me intentei poñer en contacto con el.

Lembro ter visto en varios ficheiros .po, nos comentarios do comezo,
que se usara un atlas das edicións do cumio para buscar as traducións,
así que non viria mal comezar por buscar uns atlas en galego
actualizados, ou non.
Eu teño ese atlas edición do 1996

O dito, hai que xuntar a esta xente espallada e formar unha especie de
grupo de traballo conxunto, e tamén cumpriria facer unha lista o máis
completa posible de tódalas fontes de información axeitadas e
necesarias. Voluntarios?

Outras poden son selo tanto: odessa -> odesa; smolensk->esmolensco
(dunha edición de Guerra e Paz).

Umm, o de Odesa compréndoo, pero o de esmolensco soa rarisimo, coma
nas traducións do franquismo cando traducian walter por gualterio,
ainda que se haberá que ir afacendo... non viña mal falar do tema este
cando sexa o da guía de estilo... pero seguro que topónimos coma os da
india ou de china seguro que hai adaptalos algo...

Pois logo habería que facer algo así como extraer de novo a lista,
pasala a unha táboa dokuwiki (ou html), cunha segunda coluna que sexa
a tradución, e meter a páxina nalgures de trasno para ir editándoa.
Voluntarios?

:) Non sei se sabes que hai unha lista na wiki só con nomes de países
e algunha rexión. Só dicirche que ainda está sen rematar, e levoume un
traballo do demo.

3. En cando ós paises, xa propuxen unha lista baseada na ISO e a ela me
axusto.
Lembro o fío, terei logo que ler os correos.
Tamén penso que habería que facer algo semellante ao comentado en
riba, ponna en trasno.

Penso que primeiro haberia que ir á ISO e obter esa lista, non sei se
os ficheiros .po que rulan por aí están completos.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a