> >> Ao final en que quedou a cousa?
> > 
> > A cousa está que se alguén quere facerse cargo que o diga. Eu decidin
> > deixar a tradución deste xogo, polo menos temporalmente, para
> > centrarme noutras cousas máis importantes que demandan a miña
> > atención.
> 
> Dos outros nada sei, quitando que Fran lle está dando duro aos seus
> outros proxectos e case aseguraría que está nunha situación semellante
> á miña. E os outros tradutores ou estades traducindo noutros proxectos
> ou non se soubo máis deles...

Pois eu estou disposto a centrarme (no que a traducións respecta) en todo o 
que leve a etiqueta «xogo» por algures, así que non teño inconveniente en 
relevarte. Por suposto, se nalgún momento volves, ningún problema en 
devolverche as responsabilidades :) (non son ningún fan delas).

Se ninguén máis se anima, só dime o que deba saber, facer ou buscar.

Responderlle a