O fin de semana éo que ten e os que fumos ó g11n non vos puxemos ó día do que alí se coceu, así que, e sendo importante, fago memoria e puntualizo o que se falou.
Primeiro, o 'tono' do encontro. A xente de mancomun.org, liderada por Suso, parece moi interesada en incorporar á comunidade de tradutores voluntarios ás súas decisións e con ese espirito descorreu a charla, na que cada quen puido e tivo tempo de falar libremente de canto quixera e estimara oportuno. Así o fixemos. Recibimos información e nós demos opinión. Igualmente, as empresas presentes, Imaxín e TagenAta igualmente parecen dispostas a participar na tradución e colaborar co que se lle pide dende a comunidade: e parece que así é pois liberan as memorias de tradución xa (algo que descoñecía) e compromentense a o seguir fancendo. Segundo. Facilitáronnos unha copia dun documento interno que versa sobre localización e que consideran unha versión de traballo (mandouno Suso á lista de g11n, non me acordaba, e adxúntoo aquí tamén así coma unha lista cos temas que se tocaron. En pdf e convertida a .doc polo de Marce, a ver se lle val). Considéroa unha boa aproximación. [[Dise que as reunións axudan a que a comunidade avancen e Suso propón facelas máis amiudo, 2-3 veces anualmente. Próxima en Abril?. Irene fala de fixar obxectivos máis ca calendario para as reunións e fíxanse algúns.]]. Preséntannos a Antón Méixome (espero non me equivocar, dígoo de memoria), que é lingüísta e xa participara en Galego21, contratado en Mancomun.org (non?) Terceiro. Por parte das empresas. Esencialmente, entenden que a hora de traducir atópanse con practicamente os mesmos problemas metodolóxicos e din que eles necesitan centrarse máis na calidade ca na cantidade. Tagen Ata expresou que para eles como empresa é importante que se formen novos tradutores vidos dende o campo das filoloxías... Propoñense interesante cuestións neste senso: certficado de tradutor de SWL, ou algo similar, para a xente que participe (por definir, só suxestión), participación mediante cursos ou similar... Cuarto. Por parte da xente das Universidades (Oficinas de SWL). Ofertan traballos de fin de carreira relacionados coa tecnoloxía do SWL, non recordo exactamente os proxectos propostos. Quinto. Problemas da comunidade? Falta de recursos e os específicos das ferramentas (falta de soporte para tmx nagunhas ferramentas...). Propostas varias: fai falta coordinarse así que, calendarios... por servidor groupware? (eu), ferramentas sociais? .Mellora na web de trasno (X. Calvo) Necesidade dun corrector xa! (todos). Aspell é dificil de adecuar para o galego (norma RAG) así que descartase puxar por conseguir isto. Fálase de pedir/axudar a que se implante o soporte Hunspell nas ferramentas que se empregan xa. Comentase (creo) que hai que focalizar o que se traduce para conseguir obxectivos completos (ie. distro+DE). Senón se dixo, dígoo eu agora. Coma sempre, falta xente. Mancomun iniciara un censo de tradutores, eu falo de ampliar o censo a toda canta xente deamos localizado que algunha vez traducira para incoporala a trasno. Máis visibilidade de trasno. Asociación. Sexto. A conversa avanza identificando que hai un problema de ferramentas que nos permitan facer todo o que queremos de maneira grupal. Os trasnos opinamos que a tradución ten que ser feita en local, inda que certos programas poidan ser xestionados coma se fixo co entrans dende mancomun.org. As ferramentas en local permiten maior rapidez traducindo, facilitan a homoxenidade, pensadas para a xente que fai o traballo groso... e as ferramentas web, coma as interfaces de pootle para programas pouco técnicos, curtos, pensados para colaboracións espontáneas... (creo que todo o mundo pensaba isto, inda que non se falou exactamente así). Descartase entrans en favor de pootle. Séptima. A idea sería que as tradución todas ó galego se almacenen remotamente, independente do proxecto que traducen, formando un supra-catalgo de po's... para o galego. Destas traducións xerariase unha memoria de tradución común que poida ser accedida localmente (modelo cliente-servidor, falo), e aquí é onde se necesitan programas locais que poidan facer isto. Esa memoría de tradución global poedría ser xestionada por control de revións (proposta de Fran: non sei se me expreso correctamente), na que en 'trunk' se engadan as traducións nova e da que se obteña unha versión 'estable' (isto estouno engadindo eu agora) que pasara algún tipo de revisión, ou non, e que se poida exportar ós clientes locais. Por tagen ata din que só se precisaría identificar as cadeas por orixe, e asignar a cada orixe un valor de corrección (=veto/aprovación?) e Meixome propón que cada cadea individualmente sexa revisada e marcada por validez (eu inclínome por esta opción, inda que sería moi laboriosa e complexa!) antes de incluila nunha memoria 'final'. Oitavo. Todo isto de arriba leva a unha de tres: 1. partir de cero e deseñar todo o sistema de ferramentas que nos permita traballar así 2. petar na porta dos proxectos existentes (gtranslator, lokalize, pootle, Suso fala dunha ferramenta de Sun...) para que os implementen 3. involucrarse no desenvolvemento dunha das aplicacións xa existentes para que se implemente o que se require. A 1 parece inviable por ampla, a 2 pénsase que pode ser pouco fructifera e a 3 parece a máis razoable. Hanse explorar as 3. Pídeselle a unha ferramenta da que partir ou que deseñar que cumpra: só recordo a esixéncia de ser multiplataforma e que soporte os estánres LISA..., con conversores, diccionario Hunspell. e engado. De se conseguir completar o punto oito, creo que será a primeira vez que a tradución a unha lingua se pensa e realiza dun xeito integrado, xuntado a todo o que lle compete (voluntarios, empresas, administración), e cunha ferramenta que sirva a todos. Sería o que eu levo maquinando tempo dende a exposición de Carballo: que a tradución de SWL a unha lingua como conxunto é a entidade fundamental de xestión e non o proxecto individual de tradución. Isto nas presentacións para a akademy-es chámolle o METAPROXECTO. Obviamente quedan cousas por contar, seguro, e nalgunhas non hei ser todo o preciso que quixera describindo o que se falou.
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Manual de localización de software_0.5
Índice
Prólogo, 4
1. Técnicas de localización, 5
1.1 Introdución, 6
1.2 Xestión de linguas no software, 8
1.3 Os estándares, 10
1.4 Aplicacións, 13
1.5 Metodoloxía, 17
2. Criterios lingüísticos, 19
2.1 Introdución, 20
2.2 Criterios ortográficos, 22
2.3 Criterios morfosintácticos, 28
2.4 Criterios terminolóxicos, 32
2.5 Criterios de estilo, 40
3. Referencias, 51
3.1 Aspectos lingüísticos, 52
3.2 Aspectos técnicos, 54
4. Créditos, 57
4.1 Licenza de uso, 58
4.2 Axentes, 60
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Prólogo
4
1TÉCNICAS DE
LOCALIZACIÓN
Introdución
1.1
Manual de localización de software_0.5
O obxectivo deste bloque é o de presentar as principais estratexias e
ferramentas de localización de
software. O ámbito de aplicación é o Software Libre (SL), aínda que se terán en
conta outros ámbitos
ou programas con outro tipo de licenzas de modo puntual, especialmente no
referido ás aplicacións
multiplataforma.
As persoas destinatarias son principalmente aquelas que desexen introducirse na
tradución de software
ou manuais ao galego. Porén, os primeiros apartados deste bloque, cun enfoque
máis metodolóxico que
práctico, poderán interesar igualmente a aquelas persoas que xa teñan algún
tipo de coñecemento sobre
as cuestións que aquí se falan.
7
Xestión de
linguas no
software
1.2
Manual de localización de software_0.5
O concepto de globalización é habitualmente asociado ao de homoxeneización
(tamén cultural) e ao
dominio do inglés nos campos da economía, a tecnoloxía etc. As tecnoloxías que
se veñen desenvolvendo
para a globalización dos produtos de software (particularmente desde a
industria) poden ser igualmente
vistas como unha oportunidade para o avance neste ámbito das linguas e culturas
que contan con
menos recursos. Neste contexto, é necesario destacar que o SL e as licenzas
libres poden vir a ter unha
rendibilidade maior no desenvolvemento local, considerando a dispoñibilidade do
código fonte, a súa
liberdade de modificación e a libre dispoñibilidade dos produtos xerados con
esta tecnoloxía, entre outras.
Quere isto dicir que o software con licenzas libres presenta varias vantaxes
competitivas para as linguas
e culturas antes mencionadas1.
A capacidade do software actual para se adaptar a diferentes culturas,
exprésase fundamentalmente na
aplicación das tecnoloxías de internacionalización e localización, o que na
industria do software se recolle
baixo o termo globalización2.
A internacionalización (i18n).
Internacionalización é a capacidade que un software pode ter para ser
localizábel en diferentes idiomas.
Os sistemas de internacionalización ofrecen a posibilidade de adaptarmos as
aplicacións e sistemas
operativos á nosa cultura, de modo que non sexa imprescindíbel o coñecemento da
lingua dos produtores
do software (xeralmente o inglés) para a interacción coas máquinas que o
utilizan. Por i18n débese
entender unha adaptación cultural, nun sentido amplo, porque non se trata só de
mostrar as mensaxes
do sistema na nosa lingua, senón tamén outros aspectos como os símbolos
(monetarios, por exemplo),
o sistema de ordenación ou a codificación de caracteres entre outros.
A localización (L10n).
A localización é a implementación efectiva dos sistemas de
internacionalización. No caso do galego, isto
exprésase, por exemplo, na existencia dunha comunidade de usuarios e usuarias
que traballan para que o
galego sexa unha máis das posibilidades á hora de seleccionar unha lingua
determinada para a interacción
co computador. Esta actividade é a que habitualmente se coñece como “tradución
de software” e onde a
colaboración das persoas en volta dunha comunidade se fai máis visíbel.
GNU Gettext e o formato PO.
No ámbito do SL, Gettext é o sistema de i18n polo que opta a maioría das
persoas desenvolvedoras. O
máis habitual é que unha persoa tradutora de software entre en contacto coa
tecnoloxía Gettext a través
dun ficheiro PO, que consiste basicamente nun ficheiro de texto en que se
recollen as mensaxes de texto
do idioma fonte (xeralmente o inglés) e a súa equivalencia nun idioma meta (no
caso que nos interesa, o
galego), ademais doutras informacións, como as persoas ou equipo que xeran e
manteñen a localización
dun ficheiro determinado.
1 Sobre este asunto pódense seguir varios artigos de Juan Rafael Fernández
vinculados á tradución do SL, en especial a súa intervención
no 1º Encontro G11n en Compostela. Todos os artigos están accesíbeis en
http://people.ofset.org/jrfernandez/#traduccion
9
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Os estándares
1.3
Manual de localización de software_0.5
A importancia dos estándares vén determinada pola necesidade de compartir e
reutilizar o coñecemento
e información xerados por unha persoa ou proxecto nun proceso de localización.
É fácil intuír que a
xestión da localización dun sistema ou dunha contorna de escritorio non é unha
tarefa que precise poucos
recursos. Outra dificultade evidente é a de manter un estilo determinado cando
son varias as persoas que
traballan nun mesmo proxecto (a localización do KDE ou do Gnome, por exemplo).
Os estándares LISA (http://www.lisa.org/).
No dominio dos estándares desenvolvidos pola industria da globalización dos
produtos de software,
véñense fixando nos últimos anos unha serie de estándares abertos que poden ser
aproveitados para
definir unha metodoloxía de traballo. O ámbito do SL non é alleo a estas
solucións e, nos últimos tempos,
pódese apreciar unha implantación progresiva dos estándares industriais no
software utilizado no traballo
de localización1.
Os estándares OSCAR (Open Standards for Container/content Allowing Reuse)
(http://
www.lisa.org/OSCAR-LISA-s-Standa.79.0.html) e
XLIFF (http://docs.oasis-open.org/xliff/xliff-core/xliff-core.html).
Entre os diversos estándares abertos dispoñíbeis, encontramos que os seguintes
son de grande interese
para a sociedade da información en xeral e para a localización do SL en
particular:
TMX (Translation Memory eXchange). É o estándar de OSCAR máis antigo e serve
para o intercambio da
información contida en memorias de tradución (MT). Unha MT acostuma ser o
resultado dun traballo de
localización determinado. Unha vez rematado o proceso de localización dun
ficheiro, a información pode
ser almacenada neste formato para o seu aproveitamento posterior.
TBX (Term-Base eXchange). Trátase doutro estándar de OSCAR, baseado en
estándares ISO. Un ficheiro
TBX contén normalmente o produto dun traballo de localización onde se reúne a
terminoloxía utilizada. A
información estrutúrase en tres campos básicos que conteñen: o termo da lingua
fonte, a correspondencia
na lingua meta e comentarios contextuais opcionais. Configúranse como un
glosario estruturado e
intercambiábel.
XLIFF (OASIS XML Localisation Interchange File Format). O estándar XLIFF
funciona como un intermediario
entre o ficheiro orixinal e o traballo de localización. Isto conséguese a través
dos filtros de conversión
dispoñíbeis para diversos formatos (ODT ou PO, entre outros). Entre as súas
funcionalidades, destaca a
posibilidade de inserir comentarios (das persoas localizadoras ou revisoras) e
a de indicar o estado da
tradución (rexeitada, aprobada, traducida etc.). Unha vez rematado o proceso, a
información pódese
retraducir para o formato do ficheiro de orixe.
Cómpre subliñar que os estándares mencionados teñen en común o uso da linguaxe
XML, que é a
dominante nos estándares industriais.
11
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Aplicacións
12
1.4
Manual de localización de software_0.5
Para iniciarse no traballo de localización as múltiplas aplicacións dispoñíbeis
constitúen tanto unha vantaxe
como un inconveniente. Entre as vantaxes podemos destacar a posibilidade da
adaptación ás necesidades
ou preferencias individuais e grupais. Entre os inconvenientes, é preciso ter
en conta a dispersión á que
unha persoa sen experiencia pode ter que facer fronte, xunto co diferente grao
de implementación dos
diversos estándares e os tipos de formato con que cada aplicación pode
traballar.
En xeral, as ferramentas de axuda para a localización no ámbito do SL
caracterízanse por unha progresiva
mais incompleta adopción dos estándares, en parte determinada polo predominio
da tecnoloxía Gettext.
Nos seguintes apartados veremos as principais ferramentas que podemos utilizar
no traballo de localización.
As divisións responden a diferentes contornas, obxectivos e usos que se poden
dar nun proceso de
tradución de software. As ferramentas analizadas teñen diversos graos de
complexidade e implementan os
estándares de diferentes maneiras. O obxectivo é considerarmos as opcións ao
noso alcance e seleccionar
unha delas (ou varias) en dependencia das necesidades e características do
traballo.
Aplicacións de escritorio.
En xeral, as aplicacións de escritorio están máis orientadas para un traballo
individual, aínda que a
utilización de formatos estándares poida permitir compartir a información
dentro dun grupo de traballo.
Dentro das aplicacións de escritorio, podemos distinguir entre aquelas máis
apropiadas para a tradución
de documentación (en xeral e de software en particular) e outras centradas na
localización de software. As
dedicadas á tradución de software contemplan basicamente a edición de ficheiros
PO.
KBabel (http://kbabel.kde.org/). Trátase da ferramenta posibelmente máis
utilizada para a tradución de
ficheiros PO. Incorpora moitas características que facilitan o traballo
filolóxico, como dicionarios, corrección
ortográfica ou a comparación das diferenzas entre versións. O soporte do formato
XLIFF 1.0 é experimental.
A tradución de cadeas de texto pódese facer por aproximación, ao estilo das
memorias de tradución
estándar.
GTranslator (http://gtranslator.sourceforge.net/). É unha ferramenta de
tradución que pertence ao
escritorio Gnome. Ten características interesantes, como a aprendizaxe
automática de traducións. O seu
desenvolvemento actual está en progreso e incorporará funcións como un plugin
para o OpenTran ou o
soporte de memorias de tradución.
poEdit (http://www.poedit.net/). Está desenvolvido co toolkit wxWidgets e
incorpora características como
a memoria de tradución, para automatizar o traballo coas cadeas de texto máis
frecuentes. É un software
multiplataforma (está testado en *NIX con GTK+ e Windows).
Lokalize (KAider)
(http://techbase.kde.org/Projects/Summer_of_Code/2007/Projects/KAider). Será o
substituto a curto prazo do KBabel. Incorpora novas funcionalidades, como o
soporte do formato TBX, e
mantense a previsión de desenvolvemento do soporte de XLIFF. Algunhas das
funcionalidades do KBabel
non serán portadas para esta aplicación; outras, como a verificación da sintaxe,
están a ser desenvolvidas
actualmente.
OpenLanguageTools (https://open-language-tools.dev.java.net/). Naceu como unha
aplicación de localización
de Sun Microsystems. Entre as funcionalidades máis destacadas están o soporte
de XLIFF e do estándar
TMX, polo que ofrece facilidades para o traballo dentro dun grupo de
localización. A última versión desta
ferramenta liberouse a finais do 2006.
OmegaT (http://www.omegat.org/). É moi utilizada para a tradución de
documentación. Soporta os
estándares XLIFF e TMX. Pódense usar glosarios externos. Recentemente
aumentouse a compatibilidade co
Okapi Framework (http://okapi.sourceforge.net/).
13
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Esta lista non pretende ser exhaustiva e podería ser ampliada con aplicacións
como Virtaal (http://translate.
sourceforge.net/wiki/virtaal/index) ou o Wordforge Editor
(http://www.khmeros.info/drupal/?q=en/
download/Translation_Editor), derivadas ambas dos proxectos Translate Toolkit e
Pootle (http://translate.
sourceforge.net/), mais o seu desenvolvemento é recente e a implementación de
funcionalidades non está
rematada.
Aplicacións en rede.
As aplicacións en rede, accesíbeis a través dun navegador web, son unha boa
opción para aquelas persoas
que desexen aproximarse ao mundo da localización de software, pola facilidade
que caracteriza o uso das
aplicacións web máis coñecidas: o Entrans (http://entrans.sourceforge.net/) e o
Pootle (http://translate.
sourceforge.net/). O acceso a un servidor con este tipo de software posibilita,
ademais, a creación de
comunidades colaborativas traballando en localización.
Ambas as ferramentas serven para a localización baseada en ficheiros PO, mais o
desenvolvemento do
Entrans está agora detido e non así o do Pootle, que continúa liberando novas
versións. Á parte, este
último está integrando os estándares LISA de localización TMX e TBX, así como o
XLIFF.
Comparativa de características.
Este cadro recolle as principais características das aplicacións vistas nos
puntos anteriores. Trátase de ver,
sobre todo, aquelas que máis poden axudar na parte lingüística. O concepto de
Memoria de Tradución está
a ser aplicado tanto con base nos PO (compendios) como en TMX. Os glosarios
teñen unha implementación
aínda débil. Un dos aspectos que cómpre destacar, é que para o galego só está
dispoñíbel un corrector
ortográfico en Hunspell; porén, as aplicacións analizadas traballan con outros
formatos.
En resumo, o predominio de Gettext e a implementación de determinados
estándares abertos son os
aspectos chave do panorama actual das aplicacións para a localización. Neste
sentido, un dos aspectos
máis importantes é o da reutilización da información, xa que están asentadas
dúas alternativas claras: o
uso da tecnoloxía Gettext (compendios, repertorios de ficheiros PO etc.) e a
aplicación de estándares.
Dentro deste principio de reutilización, destaca a importancia do nivel de
interactividade das aplicacións
coas memorias de tradución. Unha valorización das aplicacións máis adecuadas
para un tipo concreto de
traballo debe incluír unha análise do tipo de estratexia de memoria utilizada,
xa que o mantemento de
versións dunha determinada localización (documentación, aplicacións, contornas
de escritorio etc.) é unha
tarefa que significa o mantemento dun gran volume de traballo.
14
Manual de localización de software_0.5
15
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Metodoloxía
16
1.5
Manual de localización de software_0.5
Modelo de localización: Empregar o modelo proposto por Susana Sotelo Docio,
centrado na implementación
dos estándares LISA. Neste modelo a empresa que executa o traballo contratado
(revisión e/ou tradución
segundo o caso) coordínase coa comunidade de localización do proxecto a
localizar para asegurar a
integración da tradución no repositorio canónico. Quen contrate deberá requirir
nas cláusulas técnicas
da contratación a liberación do coñecemento/ retorno do investimento mediante a
publicación de TMX,
glosario e guía de estilo (ou o que proceda). Este modelo foi posto en practica
para a tradución do GNOME
2.16, sería compatible co sistema decisional de KDE e parece consistente coa
aproximación de Juan Rafael
Fernández de OFSET.
Modelo de localización baseado en reutilización de memórias de tradución,
uso de recursos lingüísticos que
garantan a consistencia e adopción de estándares LISA. Susana Sotelo
Docío, (CC-BY-NC-SA)
En xeral opínase que Mancomún debe fornecer infraestrutura e servizos
(servidores, Pootle, listas, webs...)
e que pode promover localizacións pero que debe facelo de forma consensuada co
resto da comunidade,
como un axente máis, e que non debe converterse no único axente de
localización: é unha iniciativa do
goberno que podería perder o apoio, e hai que prever esa posibilidade. No tema
lingüístico Mancomún
debería actuar como facilitador para converxer nunha guía de estilo consensuada
e como lugar común
para facilitar o acceso aos distintos recursos lingüísticos. A tradución
debería recaer preferentemente no
voluntariado recurrindo a empresas que traduzan e/ou revisen cando as
necesidades requiran prazos ou
condicionantes que non se poidan resolver cos recursos do voluntariado.
Leandro Regueiro propón que haxa un taboleiro de proxectos de tradución (quen e
quen ou algo así no
mundo da localización). Iso facilitará o intercambio da comunidade e evitaría
conflitos como o da creación
da lista de l10n para Debian (Suso).
17
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Terminoloxía: o voluntariado empregaría o modelo de ‘consenso interno
asesorado’ proposto por Xusto do
SNL da USC. No día a día resolveríase como até agora, e para o asesoramento
participaríase involucrándose
nos proxectos de terminoloxía (rolda USC-lexterm, sociedade galega de
terminoloxía etc) ofrecendo o
coñecemento informático e respectando as dinámicas internas dos proxectos
terminolóxicos (non trasladar
a esas listas os nosos problemas internos). Mancomún xestionaría a
reutilización tomando como referencia
os estándares LISA (TMX, TBX, SBX) e podería apoiar involucrando ao/á lingüista
que prevé incorporar nos
próximos meses.
Marce pon de relevo a insuficiencia de recursos (glosarios, guía de estilo) e a
necesidade dunha maior
transparencia por parte da administración e Leandro propón que se liberen os
recursos lingüísticos pagados
con cartos de todos (tema Buscatermos, Ramón Piñeiro, RAG, e demais). Nisto
proponse que Mancomún
poida actuar intermediando entre o voluntariado e esas institucións, e facer
pedagoxía, amosándolles as
posibilidades para que liberen esas ferramentas.
Irene fala de incorporar ao resto da sociedade, falar a súa linguaxe e
concórdase na necesidade de visibilizar
a comunidade. Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes
sociais á comunidade de
tradución para mellorar a comunicación interna e para permeabilizarse e que
poida participar xente nova
Cris de Tagen Ata pon de relevo a importancia de determinado software menos
popular pero de grande
repercusión social en temas como xénero, ou minusvalías, que debería ser tamén
asumible por empresas
aínda que non haxa comunidades de software libre coas que coordinarse. Este
software equipárase ao
software empresarial (ERP, CRM, BI, ECM, etc) ou software como CYCLOS ou KOHA.
Antón de Reverso propón un sistema de valoración da calidade de tradución
mediante karma. Considérase
máis apropiado como xeito para integrar novos membros na comunidade a través de
interface web,
combinado con formación e interacción coas persoas que validaran esas
traducións.
Considérase máis conveniente tirar cara Pootle e tumbar o entrans; Suso propón
mirar de falar coa xente
de Extremadura e/ou a xente de Debian que están co tema do Pootling.
En xeral considérase importante organizar sesións de traballo, e seguir
traballando a través da lista
Estabelecer os mecanismos necesarios para garantir a redundancia do coñecemento
compartido de cara a
evitar a dis-continuación do traballo de localización
18
2 CRITERIOS
LINGÜÍSTICOS
Introdución
2.1
Manual de localización de software_0.5
Localización de software para galego
Este manual de localización pretende ofrecer unha proposta lingüística
relacionada coa tradución de
software que permita aos voluntarios ter unha coherencia terminolóxica e
estilística e facer un uso correcto
das regras gramaticais, sintácticas e de puntuación.
Para iso partimos das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(ILG-RAG 2003) sen deixar de
ter en mente o cuarto principio destas, que procura a harmonía coas linguas
románicas e nomeadamente
co portugués, naqueles casos en que as normas ofrecen a posibilidade de escolla
e naqueles casos en que
é preciso crear terminoloxía:
As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas,
especialmente coas romances en
xeral e coa portuguesa en particular, evitando que o galego adopte solucións
insolidarias e unilaterais
naqueles aspectos comúns a todas elas. Para o arrequecemento do léxico culto,
nomeadamente no referido
aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso
fundamental, sempre que esta
adopción non for contraria ás características estruturais do galego. As
escollas deben decidirse de acordo
cun criterio de coherencia interna, a fin de que o galego común non resulte
arbitrario e incongruente.
O feito de non obviar este cuarto principio permite que a comunidade galega
teña unha maior proximidade
coa comunidade portuguesa e brasileira e, ao mesmo tempo, permite dar
continuidade ás localizacións
xa feitas para o galego. Por tanto, moitas das escollas aquí propostas están
xustificadas en base a este
criterio.
Alén disto, este manual, a diferenza dos outros xa feitos, pretende simplicar o
seu contido, de maneira
que calquera persoa, mesmo aquela que non teña formación lingüística, poida ver
solventadas as súas
dúvidas sen ter que enfrontarse con termos lingüísticos difíciles de
interpretar. Ademais, procuraremos
exemplificar todo o dito, de modo que o voluntariado poida ver exemplicacións
que o axuden a entender
mellor a solución correcta.
Antes de comezar calquera localización, o voluntariado debería ter en conta
estes principios básicos:
1. Sempre debemos partir da versión orixinal do software que queremos
traducir, que como regra
xeral será a versión en inglés. Isto non impide que poidamos
utilizar como material de consulta,
no caso de existiren, as tradución feitas para outros idiomas.
2. Os equipos de localización deben estar conformados por grupos
interdisciplinares, isto é, por
informáticos e lingüistas. Desta forma, será posíbel unha mellor
tradución tanto en cuestións
técnicas como lingüísticas.
3. É preciso estabelecer unha dinámica de traballo e cumprila para
poder garantir a calidade de
todos os programas localizados.
21
Criterios
ortográficos
2.2
Manual de localización de software_0.5
Uso de maiúsculas e minúsculas
Utilízanse as maiúsculas nos seguintes casos:
• Na palabra que inicia unha oración
- Elimine o ficheiro
Desexa eliminar o ficheiro? Se o elimina é posíbel que non
poida recuperalo.
• Na primeira letra dun nome propio
- Benvido(a) á comunidade Mozilla.
• Na primeira letra do nome dos menús, xanelas, caixas de diálogo etc.
- Abra a xanela Viñetas e numeración.
• Na primeira letra de cada unha das palabras que constitúen os nomes
das institucións e
organizacións públicas ou privadas
- Free Software Foundation
• Na primeira letra dos nomes dos programas informáticos, sistemas
operativos e linguaxes de
programación
- Linux; Windows; PHP; XML
• Nos nomes das teclas abreviados:
- MAIÚS; TAB; ALT
• Nas siglas: - HTML; FTP
• Despois de dous puntos cando non se trate dunha enumeración ou
explicación
- Aviso: Non pode realizar esta operación
Utilízanse minúsculas nos seguintes casos:
• Despois de dous puntos cando a seguir teñamos unha enumeración ou
explicación
- Son posíbeis os seguintes campos: campo de texto, data,
hora e moeda, campo
numérico e caixa de verificación.
• Nos nomes dos días e dos meses do ano
- luns, martes, mércores, xoves...; xaneiro, marzo, abril,
decembro...
• Nos xentilicios e nomes de linguas
- galego, portugués, inglés...
• Nos nomes xenéricos dos programas informáticos
- folla de cálculo; procesador de texto...
• Na segunda palabra e sucesivas dos nomes dos menús, caixas de diálogo,
separadores etc., a
diferenza do inglés en que se escribe con maiúscula a primeira letra
de todas as palabras.
- Open the Styles and Formatting window
Abra o menú Estilos e formatado
• Cando se describe o contido do menú, caixa de diálogo etc. por medio
da introdución da
preposición de
- Abra o menú de estilos e formatado
Abra o menú Estilos e formatado
23
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Puntuación
As persoas que localizan deben ter en conta que o inglés utiliza os signos de
puntuación de maneira
diferente ao galego. Por tanto, débense seguir as regras de puntuación do
idioma para o cal se está a
traducir.
O punto
Utilízase o punto nos seguintes casos:
• Para marcar pausas entre enunciados que están ligados. En
inglés é frecuente a utilización da
vírgula para estes casos. No entanto, debemos traducir
tendo en conta as regras de puntuación
do galego.
- STYLE formats the cell
in transparent format for 60 seconds after the document was
recalculated or loaded,
then the Default format is assigned.
STYLE atribúe o formato
transparente á cela durante sesenta segundos despois de
recalcular ou cargar o
documento. A seguir, aplícase o formato predefinido.
• Despois das abreviaturas
- Páx.; núm...
Non se utiliza o punto:
• Despois das siglas e acrónimos
- PDF (non P.D.F.)
• Para separar os millares nos anos
- 2008, 1993 (non 2.008)
• Para separar os decimais, caso en que se debe utilizar a
vírgula
- 7,15MB (non 7.15MB)
• Para separar as horas, caso en que se deben utilizar os dous
puntos ou, como alternativa, nos
textos da axuda ou documentación, un h
- 9:30 ou 9h30 (non 9.30)
A vírgula
Non se utiliza a vírgula:
• En xeral, antes das conxuncións coordenativas (e, nin, ou...),
a diferenza do inglés
- Create and edit
drawings, flow charts, and logos by using Draw.
Crear e editar debuxos,
fluxogramas e logotipos con Draw.
- This icon switches the
mouse pointer to the select mode, or deactivates this mode
Esta icona activa ou
desactiva o modo selección do apuntador do rato.
• Para separar o suxeito do predicado
- The software setup
wizard, will help you complete this task.
O asistente de
instalación de software axúdao a completar esta tarefa.
24
Manual de localización de software_0.5
Signos de interrogación e exclamación
Os signos de interrogación e exclamación utilízanse unicamente no fin do
enunciado correspondente;
nunca ao inicio.
- Are you sure you want delete this file?
Ten a certeza de querer eliminar este ficheiro?
En inglés é moi habitual a utilización dos signos de exclamación, mais en
galego débense suprimir na
maior parte dos casos:
- An Unknown error occured!
Houbo un erro descoñecido
Nalgúns contextos, con todo, pódense manter os signos de exclamación:
- Congratulations, you won the game!
Parabéns! Gañou o xogo!
Parénteses
Non debe haber espazos entre as parénteses e o texto incluído entre elas.
- (100%)
non ( 100% )
O punto final debe situarse fóra das parénteses, a non ser que toda a frase
estea entre parénteses.
- O disco está cheo (100%).
(Está opción non está dispoñíbel.)
Abreviaturas
Comportamento:
• Terminan por punto.
- dta. (dereita), esq. (esquerda), ex. (exemplo)
• Non presentan forma de plural, salvo cando facemos a abreviatura
utilizando os elementos do
principio e do final da palabra.
- os núm., ltdo. > ltdos. (limitado(s))
• Conservan a letra maiúscula ou minúscula da letra inicial da palabra.
- a. de C.
• Manteñen os acentos que xa posuía a palabra sen abreviar.
- núm.
Siglas
Comportamento:
• Non levan puntos intermedios ou finais nin espazos intermedios.
- Non levan acento.
25
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
• Non teñen forma de plural. O número márcase mediante os
artigos ou outras palabras que as
acompañen.
- Os URL, PDF danados.
• Teñen o mesmo xénero que a primeira palabra do sintagma.
- A ISO (Organización
Internacional de Estandarización)
• Escríbense con maiúscula, salvo cando se trate da extensión
dun ficheiro, caso en que se
escriben con minúscula despois de punto.
- O ficheiro PDF vs. Gardar
como .pdf
• Cando se desenvolve unha sigla, utilízanse maiúsculas na
primeira letra de todas as palabras
no caso de ter correspondencia en galego e unicamente na
primeira palabra no caso de non a
ter, por tratarse dunha explicación.
- CPU > UCP
Central Processing Unit
> Unidade Central de Procesamento
- FTP > FTP
File Transfer Protocol >
Protocolo de transferencia de ficheiros
Símbolos
Comportamento:
• Non levan punto nin barra final.
- Hz (hertz); s (segundo);
h (hora)
• Levan unha barra para marcar a relación con outros símbolos.
- r/s (revolucións por
segundo), l/m2 (litro por metro cadrado)
• Usan a mesma forma para o singular e o plural
- 1h (unha hora); 6h (seis
horas)
• Escríbense sen espazo entre os seus constituíntes cando
resultan da redución de máis dunha
palabra.
- CV (cabalo de vapor)
26
Manual de localización de software_0.5
27
Criterios
morfosintácticos
2.3
Manual de localización de software_0.5
Escollas normativas
Teminación –bel/-ble
Nas localizacións de software ao galego utilízase a terminación –bel por ser a
forma que coincide co
portugués e que segue a filosofía do cuarto principio.
Preposición até/ata
A forma utilizada é até, por ser a que coincide co portugués e segue a filosofía
do cuarto principio.
Sufixo -aría/-ería
Utilízase o sufixo –aría que, alén de ser coincidente co portugués, tamén é a
forma priorizada polas
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
Estruturas comparativas
Nas estruturas comparativas a forma utilizada é que + artigo determinado.
- É menos fiábel que a anterior versión.
Primeira forma do artigo
Utilízase sempre a primeira forma do artigo; nunca a segunda.
- Copiar o ficheiro
*Copia-lo ficheiro
Uso da preposición a en contextos dubidosos
a + complemento directo
Cando o complemento directo está explícito non se utiliza a preposición a:
- Este programa execútase automaticamente sen notificar o
usuario [~sen notificalo]
*Este programa execútase automaticamente sen notificar ao
usuario [~sen notificalo]
ir + a + infinitivo
É incorrecto introducir a preposición a na perífrase ir + infinitivo.
- Vai realizar unha operación.
Vai a realizar unha operación.
Uso dos pronomes
Cuantificadores ningún, nada e ninguén
Nos contextos negativos é incorrecta a utilización de elementos como
algún/algunha, algo, alguén, un/
unha, calquera. Teñen que adoptar a forma ningún/ningunha, nada e ninguén, xa
que o contrario sería
unha tradución literal do inglés que non é correcta en galego.
- To not include a page, clear the check box.
Se non desexa incluír ningunha páxina, desmarque a caixa
de verificación.
*Se non desexa incluír unha páxina, desmarque a caixa de
verficación.
29
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Os pronomes demostrativos invariábeis
Desde a última reforma das normas ortográficas unicamente son válidas as formas
isto, iso e aquilo.
Colocación do pronome na oracións
A posición normal do pronome en galego é despois do verbo. Con todo, existen
contextos en que debe
ser colocado antes. A seguir, de xeito moi simplificado, enuméranse os casos
máis frecuentes no ámbito
das localizacións:
1 Oracións negativas
- Non se encontrou ningún
resultado.
2 Oracións subordinadas cos nexos que, cal, quen, canto, onde,
como, cando, cuxo, se.
- A base de datos cuxo
contido se exhibe no formulario...
3 Nas oracións interrogativas cando van antecedidos por un
pronome interrogativo.
- Onde se encontra a
configuración de rexistro?
30
Manual de localización de software_0.5
31
Criterios
terminolóxicos
2.4
Manual de localización de software_0.5
Algoritmo de creación terminolóxica
A elaboración dun algoritmo terminolóxico tornouse unha prioridade vista a
necesidade de solucionarmos
un dos principais problemas na localización de software para galego: a
incoherencia terminolóxica. A
escolla da terminoloxía depende en grande medida da opinión do localizador ou
do seu gusto persoal.
Isto non é específico das traducións para galego e non debería ter moita
importancia se ese criterio fose
tido en conta ao longo de todo un proxecto de localización. No entanto, as
características colaborativas da
localización de software libre en que unha mesma aplicación é traducida por
varias persoas, cada unha
cos seus criterios, igualmente lexítimos, fai que o produto resultante non teña
a calidade necesaria para
os usuarios finais.
Esta situación fai necesaria un compromiso de todos os axentes envolvidos para
respectar un mesmo
criterio nas tarefas de localización. Por este motivo, elaboramos un algoritmo
terminolóxico, que non
pretende resolver todos os problemas, mais grande parte deles, e que
utilizaremos nos proxectos de
Mancomún.
Á hora de elaborar este algoritmo tivemos en conta tanto a curta “tradición” da
terminoloxía de software
galega, isto é, se algunha vez xa foi traducido o termo en cuestión, como a
implementación do 4º principio
das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. O obxectivo deste
método é tentarmos evitar a
discusión perpetua das mesmas escollas terminolóxicas (window, tab, plug-in,
etc.) e só recorrermos ao
debate na comunidade cando non houber máis posibilidades, ou sexa, cando un
termo en inglés nunca
fose traducido para galego e non sirvan os termos brasileiro, portugués nin
español. Igualmente, se un
termo xa foi traducido para galego primaremos as escollas que coincidan co
portugués (por exemplo,
window > xanela).
Tívose tamén en conta que nos últimos anos a terminoloxía galega optou
habitualmente por certas
solucións confluentes co portugués de Portugal (por exemplo, file > ficheiro (non
arquivo), tab > separador
(non aba) ou save > gardar (non salvar)). Porén, a partir de agora, sempre que
nunca fose traducida unha
palabra ou as traducións existentes non coincidan con Portugal, recorreremos
primeiramente ao portugués
do Brasil, vista a cada vez maior vontade de ligazóns da comunidade de software
libre da Galiza.
Finalmente, o algoritmo tamén recolle un pequeno sistema para evitar traducións
homonímicas que
existan tanto nas traducións galegas canto portuguesas (por exemplo, a
utilización de suplemento nas
traducións galegas e portuguesas tanto para add-in como para add-on). Alén
diso, non deixamos de lado
tanto o labor da comunidade nos casos en que este algoritmo non axude a
realizar unha escolla, como a
posibilidade de deixar o termo en inglés sen traducir.
33
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
34
Manual de localización de software_0.5
Explicación teórica do funcionamento do algoritmo
O funcionamento do algoritmo segue o seguinte proceso:
1. Partimos dun termo en inglés (EN)
2. Contextualizamos o termo, isto é, vemos en que contexto aparece e cal
é o significado
adecuado no mesmo.
3. Comprobamos se o termo existe en galego (GL), isto é, verificamos a
súa existencia na memoria
de tradución previamente liberada. No caso de existir verificamos se
tamén existe na memoria
de tradución portuguesa (PT): Mozilla, Ooo... Se houber
correspondencia entre o termo
galego e portugués pasará á verificación de homonimia do punto
seguinte. Se non houber
correspondencia ou se non existir o termo galego pasaremos á fase
número 5.
4. Para comprobar se existen dúas palabras traducidas pola mesma, ou
unha traducida por dous
termos procederemos da seguinte forma:
a) Comprobamos se hai outra correspondencia entre o termo
galego en cuestión e
outro termo en inglés (EN2) na BD portuguesa. Se non
houber pasará a ser o termo
escollido.
b) Se houber outro termo inglés coa mesma tradución
comprobaremos se o termo
inglés de inicio (EN1) ten outra posíbel tradución en
portugués (PT2). Se existir,
verificaremos que exista en galego pasando a ser o termo
escollido ou, caso
contrario pasaría á seguinte alínea.
c) Se non existir outra tradución ou coincidencia co galego,
comprobaremos se o
outro termo inglés (EN2) ten outra posible tradución en
portugués (PT3). Se existir,
escolleremos o primeiro termo portugués (PT1),
verificaremos que exista en galego
pasando a ser o termo escollido ou, caso contrario
pasaría á fase 5.
d) Se non existir un PT3, comprobaremos se PT2 ten
correspodencia cun outro EN3. Se
existir, escolleremos o primeiro termo portugués (PT1),
verificaremos que exista en
galego pasando a ser o termo escollido ou, caso contrario
pasaría á fase 5. Se non
existir correspondencia tamén pasaría á fase 5.
5. Comprobamos a tradución feita en portugués do Brasil e verificamos se
hai correspondencia
entre o termo encontrado e o termo na base de datos galega. Se houber
correspondencia
escolleremos ese termo, no caso contrario pasamos á seguinte fase.
6. Comprobamos a tradución feita en portugués de Portugal e verificamos
se hai correspondencia
entre o termo encontrado e o termo na base de datos galega. Se houber
correspondencia
escolleremos ese termo, no caso contrario pasamos á seguinte fase.
7. Comprobamos a tradución feita en español e verificamos se hai
correspondencia entre o termo
encontrado e o termo na base de datos galega. Se houber
correspondencia escolleremos ese
termo, no caso contrario pasamos á seguinte fase.
8. Se chegamos a este punto sen encontrar correspondencia entre o
español, portugués
de Portugal e do Brasil co galego, escolleremos o termo galego no
caso de exitir e que
anteriormente foi rexeitado por non ter correspondencia co termo
portugués. Se non houber un
termo galego debemos decidir se fica en inglés ou no caso de
decidirmos traducilo delegaremos
na comunidade o consenso do termo escollido.
35
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Exemplificación con algúns termos
Caso 1
1. Termo en inglés: Window
2. Window é un termo técnico creado en inglés para denominar
unha área visual, normalmente
con forma rectangular que contén algún tipo de interface
de usuario.
3. Termo en galego: Xanela. Coincide co termo encontrado na base
de datos portuguesa: Janela.
4. Verificamos que non hai outra palabra en inglés que fose
traducida por xanela.
5. Termo escollido: Xanela
Caso 2
1. Termo en inglés: Window
2. Window é un termo técnico creado en inglés para denominar
unha área visual, normalmente
con forma rectangular que contén algún tipo de interface
de usuario.
3. Termo en galego: Ventá. Non coincide co termo encontrado na
base de datos portuguesa:
Janela.
4. Procuramos na base de datos brasileira: Janela. Comprobamos
que hai correspondencia deste
termo co termo galego Xanela.
5. Termo escollido: Xanela
Caso 3
1. Termo en inglés: Tab
2. Tab é un termo técnico creado en inglés para denominar cada
un dos paneis de información
contidos nunha única xanela.
3. Termo en galego: Separador. Coincide co termo encontrado na
base de datos portuguesa:
Separador.
4. Homonimia
a)Verificamos que hai outra
palabra en inglés que foi traducida por Separador:
Separator.
b)Comprobamos que non
existe outra tradución para Tab.
c)Comprobamos que non
existe outra tradución para Separator.
5. Termo escollido: Separador
Caso 4
1. Termo en inglés: Tab
2. Tab é un termo técnico creado en inglés para denominar cada
un dos paneis de información
contidos nunha única xanela.
3. Termo en galego: Pestana. Non coincide co termo encontrado na
base de datos portuguesa:
Separador.
36
Manual de localización de software_0.5
4. Procuramos na base de datos brasileira: Aba. Comprobamos que non hai
ningunha
correspondencia deste termo co termo galego.
5. Procuramos na base de datos portuguesa: Separador. Comprobamos que
hai correspondencia
deste termo co termo galego Separador.
6. Termo escollido: Separador.
Caso 5
1. Termo en inglés: Desktop
2. Desktop é un termo creado en inglés para denominar o cartafol inicial
mostrado na pantalla
nun determinado ambiente de escritorio
3. Termo en galego: Escritorio. Non coincide co termo encontrado na base
de datos portuguesa:
Ambiente de traballo.
4. Procuramos na base de datos brasileira: Área de traballo. Comprobamos
que non hai ningunha
correspondencia deste termo co termo galego.
5. Procuramos na base de datos portuguesa: Ambiente de traballo.
Comprobamos que non hai
ningunha correspondencia deste termo co termo galego.
6. Procuramos na base de datos española: Escritorio. Comprobamos que hai
correspondencia
deste termo co termo galego Escritorio.
7. Termo escollido: Escritorio.
Caso 6
1. Termo en inglés: Bold
2. Bold é un termo creado en inglés para denominar un estilo tipográfico
en que os caracteres
teñen un trazo máis groso.
3. Termo en galego: Negra. Non coincide co termo encontado na base de
datos portuguesa:
Negrito.
4. Procuramos na base de datos brasileira: Negrito. Comprobamos que non
hai ningunha
correspondencia deste termo co termo galego.
5. Procuramos na base de datos portuguesa: Negrito. Comprobamos que non
hai ningunha
correspondencia deste termo co termo galego.
6. Procuramos na base de datos española: Negrita. Comprobamos que non
hai ningunha
correspondencia deste termo co termo galego.
7. Escollemos o termo galego inicialmente rexeitado: Negra.
Caso 7
1. Termo en inglés: Presentacase
2. Presentacase é unha maleta multimedia con pantalla LCD que mostra
presentacións de
diapositivas.
3. Termo en galego: Non existe.
37
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
4. Procuramos na base de datos brasileira: Maleta Multimídia.
Comprobamos que non hai
ningunha correspondencia deste termo co termo galego.
5. Procuramos na base de datos portuguesa: Non existe.
6. Procuramos na base de datos española: Non existe.
7. Decidimos que debe ser traducido este termo. E delegamos na
comunidade.
Caso 8
1. Termo en inglés: Heading (EN1)
2. Heading é un termo técnico creado en inglés para denominar
cada un dos niveis en que se
agrupan os formatos para textos de seccións nun
procesador de texto.
3. Termo en galego: Título (GL). Coincide co termo encontrado na
base de datos portuguesa: Título
(PT1).
4. Homonimia
a) Verificamos que hai outra
palabra en inglés que foi traducida por Título: Title (EN2).
b) Comprobamos que existe outra
tradución para Heading: Cabeçalho (PT2). Mais non
existe en galego.
c) Comprobamos que non existe
outra tradución para Title. E que cabeçalho tamén é a
tradución de Header (EN3).
5. Por tanto, escollemos Título
Caso 9
1. Termo en inglés: Title
2. Title é un termo técnico creado en inglés para denominar o
nome que reciben determinados
elementos como caixas de diálogo, páxinas ou áreas.
3. Termo en galego: Título. Coincide co termo encontrado na base
de datos portuguesa: Título.
4. Homonimia
a) Verificamos que hai outra
palabra en inglés que foi traducida por Título: Heading.
b) Comprobamos que non existe
outra tradución para Title.
c) Comprobamos que non existe
outra tradución para Heading: Cabeçalho.
5. Por tanto, escollemos o primeiro termo, Título que existe en
galego
Caso 10
1. Termo en inglés: Header
2. Header é un termo técnico creado en inglés para denominar a
parte superior dun elemento,
como columnas, páxinas, etc.
3. Termo en galego: Cabeceira. Non coincide con ningún termo
encontrado na base de datos
portuguesa.
4. Procuramos na base de datos brasileira: Cabeçalho.
Comprobamos que non hai ningunha
correspondencia deste termo co termo galego.
38
Manual de localización de software_0.5
5.Procuramos na base de datos portuguesa: Cabeçalho. Comprobamos que non
hai ningunha
correspondencia deste termo co termo galego.
6. Procuramos na base de datos española: Cabecera. Comprobamos que non
hai ningunha
correspondencia deste termo co termo galego.
7. Retomamos e escollemos a tradución galega existente Cabeceira.
Caso 11
1. Termo en inglés: Add-in
2. Add-in, xenericamente, é un termo técnico creado en inglés para
denominar pequenos
programas que serven normalmente para engadir funcións a outros
programas.
3. Termo en galego: Suplemento. Coincide co termo encontrado na base de
datos portuguesa:
Suplemento.
4. Homonimia
a) Verificamos que hai outra palabra en inglés que foi
traducida por Suplemento:
Add-on.
b) Comprobamos que non existe outra tradución para Add-in.
c) Comprobamos que existe outra tradución para Add-on:
Complemento.
5. Por tanto, escollemos o primeiro termo, Suplemento que existe en galego
Caso 12
1. Termo en inglés: Add-on
2. Add-on, xenericamente, é un termo técnico creado en inglés para
denominar pequenos
programas que serven normalmente para engadir funcións a outros
programas.
3. Termo en galego: Suplemento. Coincide co termo encontrado na base de
datos portuguesa:
Suplemento.
4. Homonimia
a) Verificamos que hai outra palabra en inglés que foi
traducida por Suplemento:
Add-in.
b) Comprobamos que existe outra tradución para Add-on:
Complemento.
5. Por tanto, escollemos o segundo termo, Complemento que existe en
galego.
Caso 12b
1. Termo en inglés: Add-on
2. Add-on, xenericamente, é un termo técnico creado en inglés para
denominar pequenos
programas que serven normalmente para engadir funcións a outros
programas.
3. Termo en galego: Complemento. Coincide co termo encontrado na base de
datos portuguesa:
Complemento.
4. Verificamos que non hai ningunha palabra en inglés que fose traducida
por Complemento.
5. Termo escollido: Complemento.
39
Criterios
de estilo
2.5
Manual de localización de software_0.5
Neutralización de xénero
As localizacións débense traducir utilizando unha linguaxe neutra en termos de
xénero. Para iso propomos
as seguintes estratexias:
• Utilización de substantivos xenéricos ou construcións diferentes
- Os desenvolvedores> O equipo de desenvolvemento
- Especifique os destinatarios da mensaxe > Especifique a
quen vai dirixida a
mensaxe.
• Introdución de marcas dos dous xéneros
Ora coa forma masculina e feminina completas (en documentación da
axuda ou textos
extensos), ora engadindo a outra marca de xénero entre parénteses
- Os usuarios e usuarias desta aplicación.
- Benvido(a) á Axuda
Adaptación e uso de nomes propios e comerciais, formatos de datas,
medidas e valores monetarios
• Nomes de persoa
Os nomes de persoa utilizados a modo de exemplo adáptanse.
- John Smith > Duarte Penela,
- Beth O’Connell > Xiana Bieites
• Nomes de lugar internacionais
Adáptanse conforme á toponimia en galego, cando existir
correspondencia.
- London > Londres,
- Kazakhstan > Kazakhistán,
- mais Washington > Washington.
• Nomes de programas e aplicacións
Os nomes dos programas e aplicacións protexidos por algún tipo de
licenza non se traducen,
mais levan artigo determinado.
- o OpenOffice, o Inkscape etc.
Formas de tratamento
Cando o texto se dirixe ao usuario utilizamos sempre a 3ª persoa, evitando
explicitar a forma vostede. Se
non for posíbel suprimir esta forma, substitúese por usuario(a).
- Searches for text formatted with the style that you
specify.
Busca o texto formatado co estilo seleccionado polo(a)
usuario(a).
[Cfr. *Busca o texto formatado co estilo especificado por
vostede.]
No caso de o programa ou aplicación estar dirixida a nenos e nenas utilízase a
2ª persoa do singular.
- Find all matches to win the game.
Para gañares tes que localizar todas as parellas.
41
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Tradución das formas verbais
Menús, botóns, caixas de diálogo e separadores
Deben traducirse como infinitivos ou nomes:
- Edit > Editar
- Insert > Inserir
- Format > Formato
- Tools > Ferramentas
- Select All > Seleccionar
todo
- Split cells > Dividir
celas
Debemos ter precaución para non utilizar traducións diferentes para os
elementos de menú ou comandos
e os títulos de caixas de diálogo que se abren ao activalos.
Caixas de verificación
Tanto os títulos das áreas como as caixas de verificación tamén deben ser nomes
ou infinitivos:
- Include with document >
Incluír no documento
- Printing Options >
Opcións de impresión
- Enable reminder >
Activar aviso
- Don’t show me this
dialog again. > Non mostrar de novo esta caixa de diálogo
Estes textos non deben levar punto final, aínda que estea na versión inglesa.
Listas despregábeis, de combinación e táboas
Todos os elementos das listas deben ser traducidos coherentemente, isto é,
todos como infinitivos, nomes
ou imperativos.
Instrucións e suxestións (tooltips)
As instrucións aparecen en caixas de diálogo e solicitan que o usuario realice
unha acción. Debemos
utilizar o imperativo:
- Change settings for the
files
Modifique a configuración
dos ficheiros
Cando a suxestión é unha frase que describe o que pode facer o usuario ao abrir
o elemento debe
utilizarse o imperativo:
- Analyze items with a
spreadsheet application.
Analice elementos cunha
aplicación de follas de cálculo.
Cando a suxestión describe unha función que se aplica automaticamente debemos
utilizar a 3ª persoa do
presente. Repare que neste caso a versión inglesa tamén está en terceira persoa.
- Opens the calendar. >
Abre o calendario.
42
Manual de localización de software_0.5
Cando a suxestión é o mesmo texto que o elemento a que fai referencia
debe ser traducido exactamente igual.
- Search > Buscar (botón) > Buscar (tooltip)
Infinitivo, imperativo e futuro
Dado que en inglés infinitivo e imperativo presentan as mesmas formas, o
localizador debe discernir en
determinados contextos se se encontra perante un tempo verbal ou outro. Por
iso, unha forma como use
é traducida como infinitivo, no caso de se tratar dunha opción dunha caixa de
diálogo, por exemplo, ou
ben como imperativo, no caso de se tratar dunha orde.
- Use the script to save the existing configuration.
Utilice o script para gardar a configuración.
Utilizar o script para gardar a configuración.
Paralelamente, no caso do futuro, con frecuencia é preciso traducilo por un
presente.
- This chapter will describe the procedure to install a
server system.
Este capítulo describe os procedementos para a
instalación dun sistema servidor.
Tradución dos verbos modais (can, may, should...)
Nos contextos imperativos (instrucións para o usuario, ordes etc.) débese
evitar o uso de formas vebais
do tipo podería, debería, que son superfluas en galego e que tornan o texto
pouco comprensíbel. Neses
casos utilízase unicamente o imperativo:
- You should save data before proceeding to the next step.
Garde os datos antes de continuar co seguinte paso.
[Cfr. *Debería gardar os datos antes de continuar co
seguinte paso.]
- You must delete the index entry from the document.
Elimine a entrada do documento.
[Cfr. *Debe eliminar a entrada do documento.]
O verbo can, cando inserido na expresión before you can, non pode ser traducido
de forma literal. Unha
posíbel solución é o recurso a unha oración final:
- You must save a file before you can apply a digital
signature to the file.
Garde o ficheiro para aplicarlle unha sinatura dixital.
As formas verbais do inglés unable, cannot/can’t e could not/couldn’t
tradúcense por imposíbel, non é
posíbel e non foi posíbel, respectivamente.
- The column could not be deleted.
Non foi posíbel eliminar a columna.
- This function cannot be completed.
Non é posíbel concluír esta acción.
- Unable to insert rows.
Imposíbel inserir filas.
43
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Tradución das formas terminadas en -ing
• Formas terminadas en -ing nos títulos
Nos títulos, con especial atención nos textos da axuda,
substitúese polo substantivo
correspondente:
- Using Help window
Utilización da xanela da
Axuda
[Cfr. *Utilizando a
xanela da axuda]
• Uso do xerundio ou de estar a + infinitivo
No seguinte tipo de frases, en lugar do xerundio,
utilízase a estrutura estar a + infinitivo:
- Others may be using files
in this folder
É posíbel que algúns
usuarios estean a utilizar ficheiros deste cartafol
[Cfr. É posíbel que
algúns usuarios estean utilizando ficheiros deste cartafol.]
Porén, nas situacións en que se describen as accións que
se están a realizar mantense o
xerundio:
- Printing… > Imprimindo…
- Waiting… > Agardando…
Por esta razón é importante coñecer cal é o contexto
(título de sección ou axuda vs proceso en
caixa de diálogo) para traducir formas como Printing File
(> Imprimindo ficheiro ou Impresión de
ficheiros).
Usos da pasiva
A estrutura pasiva pódese manter en galego principalmente nos casos en que
aparece explicitamente quen
executa a acción:
- These links are added
automatically by the wizard.
Estas ligazóns son
engadidas automaticamente polo asistente.
Noutros casos substitúese a forma pasiva por expresións máis frecuentes como:
- The file has been saved.
Gardouse o ficheiro.
Utilización do infinitivo flexionado
Propomos as seguintes pautas de uso:
1. Cando o verbo da oración principal ten un suxeito diferente
ao do verbo en infinitivo.
- This feature switches to
handout page, where you can scale several slides to fit on
one printed page.
Esta funcionalidade
permite mudar á páxina do folleto, na cal se poden escalar
varias diapositivas para
se axustaren a unha páxina impresa.
Un pequeno truco sería eliminar o eventual que dunha
tradución como [...na cal se poden
escalar varias diapositivas] para que se axusten a unha
páxina impresa. O suxeito da frase
principal é Esta funcionalidade e o do infinito [varias
diapositivas].
44
Manual de localización de software_0.5
2. No caso de teren o mesmo suxeito, tamén é posíbel a súa utilización
se o infinitivo vai antes
da oración principal e precedido de preposición.
- Antes de iniciaren sesión, os(as) usuarios(as) deben
introducir o contrasinal.
Neste exemplo, o suxeito de iniciaren e deben é o mesmo (os(as)
usuarios(as)) mais o
infinitivo está situado antes da oración principal e vai precedido de
preposición.
3. Tamén é posíbel conxugar o infinitivo cando, a pesar de ter o mesmo
suxeito que o principal,
hai varios complementos interpostos entre ambos.
As persoas que non posúan ningunha conta poderán utilizar unha de
convidado para iniciaren
sesión.
Futuro do subxuntivo
Utilízase para marcar eventualidade no futuro, isto é, unha acción hipotética,
aínda que real. Suxerimos
os seguintes parámetros de uso:
• Oracións introducidas por se e cando cuxa frase principal estea en
presente ou futuro:
- Se o desexar, pode rexistrarse nesta conta. (probábell)
vs. Se o desexase podería rexistrarse nesta conta. (non
probábel)
- Encrypt if Possible
Cifrar se for posíbel
- Once you have registered, enter your user name.
Cando estiver rexistrado(a) introduza o seu nome de
usuario(a)
• Cos pronomes relativos (que, o cal, cuxo...) nun contexto de
eventualidade no futuro:
- Anexaranse unicamente os datos que non estiverem na
lista.
Tradución das preposicións
Un erro bastante frecuente da tradución de inglés para galego é a tradución
literal dalgunhas preposicións.
Para evitar isto, débense ter en conta as variacións de significado e uso
existentes entre as preposicións
inglesas e galegas. Indicamos a seguir algúns exemplos de diverxencia
relacionados coa rexencia verbal
(preposicións asociadas a verbos):
- Select the form that you want to associate with this folder.
Seleccione o formulario que desexa asociar a este cartafol.
[Cfr. *Seleccione o formulario que desexa asociar con este cartafol.]
- Connect to private networks
Conectar con redes privadas
[Cfr. *Conectar con redes privadas]
- Download commands to a printer
Descargar os comandos nunha impresora
[Cfr. *Descargar os comandos a unha impresora]
- Overwrite existing cells with new data
Substituír as celas existentes polos novos datos
[Cfr. *Substituír as celas existentes cos novos datos]
45
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
- Replace with Check Box
Substituír por caixa de
verificación
[Cfr. *Substituír con
caixa de verificación]
Para encontrar a preposición correcta, en moitos casos pode servir de axuda
tomar o elemento inicial do
verbo (conectar con, asociar a).
Tradución do determinante a inglés
O determinante a ten un valor indefinido en inglés e, por tanto, na maior parte
dos casos equivale a un/
unha(s):
- A file with this name
already exists.
Xa existe un ficheiro con
ese nome.
- Draws an empty rounded
square.
Debuxa un cadrado
arredondado baleiro.
Nalgúns contextos, porén, o equivalente en galego ao determinante indefinido a
pode non ser un/unha(s).
Entre tales contextos salientan as estruturas comparativas (as a), as
afirmacións xenéricas e os enunciados
negativos:
• Nas estruturas comparativas débese eliminar o determinante
pois mantelo resultaría nunha
tradución literal incorrecta:
- Cannot be used as a sort
criterion.
Non é posíbel utilizalo
como criterio de ordenación.
- Inserts a spreadsheet as
an OLE object.
Insire unha folla de
cálculo como obxecto OLE.
• Nas afirmacións xenéricas o determinante indefinido inglés pode
ser traducido en galego por un
plural:
- A file name cannot
contain any of the following characters.
Os nomes de ficheiro non
poden conter ningún dos caracteres seguintes.
- To remove an animation
effect from an object:
Para eliminar efectos de
animación dos obxectos:
• Nos contextos negativos, o determinado indefinido a pode
equivaler a un cuantificador negativo
en galego (ningún/ningunha(s)):
- If you do not enter a
value, the current time is inserted.
Se non indica ningún
valor, introdúcese a hora actual.
Algunhas técnicas básicas de tradución e localización
A tradución en xeral e a localización de software en particular requiren unha
serie de habilidades persoais
que poden ser adquiridas de forma intuitiva ou através dunha formación
específica. Traducir non é
transcribir. Non debe ser a palabra a unidade de medida. Traducir é,
basicamente, encontrar o mellor
equivalente nun determinado idioma para un enunciado escrito noutro idioma
diferente. Para isto existen
diversas técnicas, mais a principal consiste en entender o orixinal e expresar
a mesma idea utilizando
46
Manual de localización de software_0.5
os recursos de que o idioma dispón. Aínda que no caso das traducións técnicas
exista certa tendencia á
literalidade, cómpre indicar que a excesiva proximidade ao texto orixinal pode
dificultar a lectura da versión
traducida. O enunciado resultante ten que ser o máis natural posíbel e
respectar as regras gramaticais do
idioma en cuestión. Por este motivo, é imprescindíbel revisar as localizacións,
pois a miúdo ocorre que
nas primeiras versións os textos producidos son bastante literais.
Con todo, cando a propia competencia lingüística do tradutor non é suficiente
para achar a mellor solución,
o coñecemento dalgúns recursos técnicos pode tornarse moi útil. Tentaremos
expor aqui de forma simple
algúns procedementos tradutolóxicos aplicábeis á localización de software.
Cando non hai un equivalente gramatical
En determinados contextos é preciso utilizar unha categoría gramatical
diferente na lingua destino. O caso
máis habitual é a tradución de elementos verbais do inglés por substantivos en
galego:
- Importing is carried out according to this standard.
A importación efectúase de acordo con este modelo.
- Copying will cancel.
Cancelarase o proceso de copia.
Ás veces é preciso realizar pequenos axustes na estrutura gramatical dunha
frase. Isto débese á inexistencia
dunha estrutura equivalente á utilizada no idioma de orixe. Un recurso moi
recorrente é o uso de frases
impersoais para traducir frases persoais do inglés e ten grande utilidade en
determinados contextos:
- Clicking Reload always shows you the latest version of a
page.
Premendo Recargar móstrase a última versión das páxinas.
[Cfr. *Premendo Recargar mostra a última versión das
páxinas.]
- You should refresh your folder list for this server.
A lista de cartafoles deste servidor debe ser actualizada.
[Cfr. Debe actualizar a lista de cartafoles deste
servidor.]
No primeiro dos exemplos anteriores, a estrutura persoal do inglés é traducida
en galego como impersoal,
pois non admite xerundios ou elementos equivalentes na función de suxeito.
Cando non hai un equivalente comunicativo
Cando non existe unha expresión equivalente á utilizada en inglés é moi difícil
manter a literalidade.
Nestes casos a atención do tradutor debe fixarse no contexto en que o enunciado
inglés é producido para
encontrar a expresión que un falante galego usaría. Por exemplo, para traducir
as peticións formais do
inglés, excesivamente ostentosas aos ouvidos galegos, é preciso encontrar a
expresión máis axeitada:
- You may want to check your password.
Verifique o contrasinal.
[Cfr. *É posíbel que desexe verificar o seu contrasinal.]
- You must enter an e-mail address before you can choose a
digital ID.
Para escoller unha ID dixital, introduza un enderezo de
correo electrónico.
[Cfr. *Antes de poder escoller unha ID dixital, debe
introducir un enderezo de correo
electrónico.]
47
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Cando é preciso reestruturar un enunciado
En xeral o galego utiliza enunciados máis longos que o inglés. Moitas veces
dúas frases do inglés equivalen
a unha única frase en galego e o tradutor pode xulgar adecuado unilas para
conseguir unha redacción
máis espontánea. Isto pode ser realizado através da coordenación das dúas
frases, através da utilización
de pronomes relativos, ou por medio doutros métodos.
- The menus are context
sensitive. This means that those menu items are available
that are relevant to the
work currently being carried out.
- Os menús son sensíbeis
ao contexto, o que significa que as opcións dos menús
que están dispoñíbeis
son aquelas relevantes para o trabalho en execución nese
momento.
Tamén pode ser necesario o proceso inverso, isto é, converter un enunciado da
versión orixinal en dous
na versión traducida.
- Remember to create one
separate print job for each fax, otherwise, the first
recipient will receive
all the faxes.
- Lembre crear unha tarefa
de impresión para cada fax. Evitará así que sexa o
primeiro destinatario
quen reciba todas as mensaxes de fax.
En calquera caso, sempre se debe ter claro que o inglés e o galego posúen
regras de puntuación específicas
e non sempre equivalentes. Cando é preciso reconstruír un enunciado débense
respectar as regras de
puntuación correspondentes.
- Your signature file is
too large. It has been truncated, please make the file smaller.
- Truncouse o ficheiro de
sinatura porque é demasiado grande. Reduza o seu tamaño.
Cando non se pode manter a mesma orde dos elementos dunha frase
As regras que marcan a orde secuencial dos constituíntes das frases son
diferentes en inglés e en galego.
Aínda que se trate de regras de moi difícil sistematización, calquera falante
nativo é capaz de identificar
unha secuencia mal ordenada. Para evitar traducións literais estrañas á lingua
destino, é preciso ter
presente que a orde dos elementos é un factor importante.
- An iterative method is
used to calculate the internal rate of return.
Para calcular a taxa
interna de devolución utilízase un método iterativo.
[Cfr. *Un método
iterativo é usado para calcular a taxa interna de devolución.]
- This link needs to be
opened with an application.
Para abrir esta ligazón
precísase dunha aplicación.
[Cfr. *É necesario abrir
esta ligazón cunha aplicación.]
- A line corresponding to
the circle radius appears in the circle.
Aparece no círculo unha
liña correspondente ao seu raio.
[Cfr. *Unha liña
correspondente ao raio do círculo aparece neste.]
- You must place the
variable between brackets to create a query.
Para crear consultas
coloque a variábel entre corchetes.
[Cfr. *Debe colocar a
variábel entre corchetes para crear unha consulta.]
48
Manual de localización de software_0.5
Cando hai elementos lingüisticamente superfluos
A omisión é unha técnica moi utilizada na tradución. Hai elementos que, cando
transladados ao idioma
meta, se tornan tremendamente redundantes e complican a interpretación do
texto. Entre eses elementos
podemos destacar os pronomes persoais suxeito, os posesivos e algúns adxectivos
e adverbios.
A gramática do inglés exixe a explicitación dos pronomes suxeito e, por tanto,
non é redundante a súa
repetición. En galego, contrariamente, pódese prescindir deles.
- Forms are created based on a database table or database
query. They display the
data in a visually pleasant fashion and can be used to
enter data or edit data.
- Os formularios créanse con base nunha táboa ou consulta
de base de datos.
Presentan os datos dunha forma visualmente atractiva e
poden ser utilizados para
introducir ou editar datos.
De xeito semellante, moitos dos determinantes posesivos utilizados en inglés
son redundantes en
galego:
- Click to apply your changes.
Prema para aplicar as modificacións.
- Repeat the last two steps for each frame in your
animation.
Repita os últimos dous pasos de cada un dos marcos da
animación.
Así mesmo, o contexto pode permitir omitir na tradución moitos adxectivos do
inglés que, cando se
traducen, fan o texto caótico e denso. En inglés é posíbel utilizar como
adxectivo case calquera substantivo.
Basta con situalo ao lado doutro substantivo para o calificar. A estrutura
literal en galego é bastante
artificial mais na localización de software é preciso con frecuencia mantela
para evitar situacións de
ambigüidade. De aí que aparezan expresións como cabeceira de fila (row header)
por oposición a cabeceira
de columna (column header), aínda que a tradución máis axeitada sería
simplemente cabeceira. Vexamos
algún exemplo de omisión de adxectivos:
- If you are in a spreadsheet and the contents of the
clipboard are spreadsheet cells,
then a different Paste Special dialog appears.
- Se ten aberta unha folla de cálcuIo e o contido do
portapapeis son celas, aparece
unha caixa de diálogo de Pegado especial diferente.
- [Cfr. *Se ten aberta unha folla de cálcuIo e o contido do
portapapeis son celas de
folla de cálculo, aparece unha caixa de diálogo de Pegado
especial diferente.]
- Set game scenario.
Defina un escenario.
[Cfr. *Defina un escenario de xogo.]
Entre os adverbios que se poden omitir destaca currently, sobre todo cando
aparece nunha frase en que
o tempo do verbo é o present continuous:
- Leave the game you’re currently playing.
Deixar o xogo en que está a participar.
[Cfr. *Deixar o xogo en que está a participar
actualmente.]
A fórmula por favor, equivalente do inglés please é un elemento superfluo en
grande parte dos contextos.
O uso en inglés de please é moitísimo máis recorrente que o do por favor en
galego. Non é preciso
traducilo cando teñen unha función puramente retórica.
- Please, select a folder.
Seleccione un cartafol.
49
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Finalmente, é preciso ter en conta o feito de que en inglés a repetición en
xeral é considerada elegante,
ao contrario do galego, en que as regras estilísticas exixen a utilización de
elementos de substitución,
como os pronomes entre outros, para evitar a aparición reiterativa dos mesmos
elementos. Para aumentar
a cohesión dos textos galegos ás veces é preciso desfacer ese tipo de
repeticións estilisticamente
inaxeitadas.
- You can position an
anchored item by dragging the item to another location.
Para colocar un elemento
ancorado arrástreo até outro lugar.
- You can now for example
insert a footer for the Default Page Style only, or insert
footers to both Page
Styles, but with differently formatted page number fields.
Agora pode, por exemplo,
inserir un pé de páxina só no estilo de páxina predefinido
ou en ambos os estilos,
mais con campos numéricos formatados de xeito diferente.
Cando é preciso acrecentar algún elemento
Nas aplicacións informáticas é frecuente encontrar unha linguaxe simplificada en
que se observa certa
tendencia a resumir ao máximo os enunciado ás veces por motivos de espazo. En
ocasións, o mantemento
dese tipo de linguaxe simplificada produce frases inadecuadas ao contexto en
galego. Cando non existe
o condicionamento do espazo é recomendábel reestruturar a secuencia
introducindo os elementos
necesarios. Isto é aplicábel, por exemplo, ás preguntas que constan unicamente
dun infinitivo ou á
omisión dos artigos.
- Copy?
Desexa realizar unha
copia?
[Cfr. *Copiar?]
- Installing extensions...
Instalando as
extensións...
[Cfr. *Instalando
extensións...]
Cando non hai un equivalente cultural
Durante o proceso de localización é posíbel que xurda nalgún momento a
necesidade de encontrar un
equivalente para un elemento do texto orixinal que provocaría ruído no texto
traducido por diferentes
motivos. Pode tratarse de realidades alleas ao contexto cultural da comunidade
de destino que teñen
que ser reinterpretadas, ou pode tratarse simplemente de elementos para os
cales é fácil encontrar unha
analoxía máis harmónica, como acontece no caso dos nomes propios ou topónimos
utilizados como
exemplo (vid. sección correspondente).
- City / State / Country
Cidade / Provincia / País
- James Stewart, Galway
Xacobe Silva Caride,
Bande
Cando hai erros no orixinal
O localizador debe aproveitar para realizar mellorías na calidade lingüística
do produto cando se presenta a
oportunidade. Ás veces encóntranse erros de dixitación ou até de redacción na
versión orixinal dalgunhas
aplicacións, non só de código aberto. Nestes casos é perfectamente lícito
reestruturar o texto de xeito que
fique máis clara a mensaxe.
50
3
REFERENCIAS
Aspectos
lingüísticos
3.1
Manual de localización de software_0.5
Álvarez, R. / Xove, X. (2002): Gramática da Lingua Galega. Vigo: Galaxia
González Rei, B. (2004): Ortografía da Lingua Galega. A Coruña: Galinova
Editorial
Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2003): Normas ortográficas e
morfolóxicas do
idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
Méndez López, I.: Guía de estilo, dúbidas e erros máis frecuentes na tradución
de software e
programas. Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña <
http://softwarelibre.udc.es/
GuiaEstilo > [Consulta: 5 setembro 2008]
Moura Ferreira, D. et al.: Guia de estilo de tradução. LDP-BR Projeto de
Documentação Linux <
http://br.tldp.org/ferramentas/guia_estilo > [Consulta: 5 setembro 2008]
Rodríguez Río, X. A. / Rubal López, X. A.: Guía de estilo para a localización
de software ao galego,
versión 0.1. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago
de Compostela <
http://www.scribd.com/people/view/833931 > [Consulta: 5 setembro 2008]
VV.AA.: Guía de estilo. Mancomún <
http://wiki.mancomun.org/index.php/Guía_de_estilo >
[Consulta: 5 setembro 2008]
VV. AA.: Guía de estilo. Proxecto Trasno < http://www.trasno.net/trasno:estilo
> [Consulta: 5
setembro 2008]
53
Aspectos
técnicos
3.2
Manual de localización de software_0.5
Recursos.
Para facilitar o traballo de localización, presentamos agora algúns dos
recursos accesíbeis na rede.
Recursos textuais. Os córpora.
Os córpora poden ser aproveitados como un recurso útil para a fixación
terminolóxica, como tamén para
a observación dos estilos de tradución. O seu uso pode beneficiar a coherencia
lingüística do software ou
dos manuais que se vaian traducir.
Un corpus traballa sobre a base dun ou varios textos aliñados, de maneira que
se poida facer unha busca
na lingua fonte ou na meta para observar as coincidencias no seu contexto
orixinal.
No campo do software, os dous principais recursos dispoñíbeis para o galego son
o corpus de Mancomún
(http://corpus.mancomun.org/xestermos.php) e os recursos que mantén o Seminario
de Lingüística
Informática de Vigo (http://sli.uvigo.es): o Corpus Técnico do galego
(http://sli.uvigo.es/CTG/), que conta
cun ámbito de informática, e o Corpus LOGALIZA de localización de software
inglés-galego (http://sli.uvigo.
es/CLUVI/#logaliza).
A Comunidade e os equipos de localización.
A localización dunha contorna de escritorio ou das múltiplas aplicacións que se
poden integrar nun
sistema operativo é unha tarefa demorada e que esixe certos recursos.
Habitualmente, no ámbito do SL,
as persoas usuarias e programadoras entran a colaborar no desenvolvemento dos
sistemas ou aplicacións
a través de plataformas organizadas na rede. A tradución de manuais ou a
localización de software son
maneiras posíbeis de colaborar con esta comunidade.
No caso galego, unha persoa que se queira introducir ou pasar a colaborar na
localización de software, ten
á súa disposicións recursos como o Proxecto Trasno
(http://www.trasno.net/trasno:inicio), que se define
como unha comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre ao
galego e que engloba
varios proxectos de tradución, entre eles o KDE e o Gnome; o TraduCIF
(http://www.ciberirmandade.org/
traduCIF/main.php) da Ciberirmandade da Fala, baseado no Entrans; ou a
ferramenta de tradución en
liña de Mancomún (http://entrans.mancomun.org), onde é posíbel colaborar coa
comunidade traducindo
diversos proxectos ao galego.
Outros recursos na rede.
Ferramentas lingüísticas en Mancomún
(http://wiki.mancomun.org/index.php/Portada#Ferramentas_ling.
C3.BC.C3.ADsticas)
Glosario de termos tecnolóxicos de Mancomún
(http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario)
Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición (http://sli.uvigo.es/CLIG/clig.html)
Dicionario Técnico Inglés-Galego de Trasno
(http://www.trasno.net/trasno:glosario)
Open-Tran.eu. Glosarios e suxestións de tradución
http://open-tran.eu/
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/language
55
mancomun
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
Páxina de SUN sobre ferramentas de localización. Inclúe ligazóns de glosarios e
guías de estilo.
http://developers.sun.com/global/technology/translation/translation-tools.html
https://g11nportal.sun.com/sungloss/login.jsp (é
necesario o rexistro)
Dictionary Server Protocol (DICT). Inclúe varios dicionarios de definición de
termos en inglés e dicionarios
bilingües Freedict en diversos idiomas (http://www.dict.org)
Para saber máis sobre i18n e L10n:
http://pt.wikipedia.org/wiki/Internacionaliza%C3%A7%C3%A3o_(software)
http://www.debian.org/doc/manuals/intro-i18n/
http://www.w3.org/International/questions/qa-i18n
http://www.i18nguy.com/origini18n.html
Os proxectos de tradución de KDE e Gnome:
Localización do Gnome a galego
(http://l10n.gnome.org/languages/gl/)
Equipo de tradución ao galego de KDE
(http://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl)
KDE Internationalization Home (http://i18n.kde.org)
The KDE Translation HOWTO
(http://i18n.kde.org/translation-howto/)
The GNOME Translation Project
(http://developer.gnome.org/projects/gtp/)
Localizing GNOME Applications
(http://developer.gnome.org/projects/gtp/l10n-guide/)
How to Use GNOME CVS as a Translator
(http://developer.gnome.org/doc/tutorials/gnome-i18n/translator.html)
Sobre o Gettext (http://www.gnu.org/software/gettext/manual/gettext.html)
OpenTag. Tecnoloxías utilizadas na localización de software. Axuda en liña e
documentación (http://www.
opentag.com)
Translate Toolkit & Pootle. Recursos para a localización
(http://translate.sourceforge.net/wiki/l10n/
resources)
56
4
CRÉDITOS
Licenza
de uso
4.1
Manual
de localización de software_0.5
Esta obra é libre e está sometida ás condicións dunha Licenza Creative
Commons: Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0.
Para unha copia completa da licenza visite a web:
http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl
59
Axentes
4.2
Manual de localización de software_0.5
61
manual_g11n_v0.5.pdf
Description: Adobe PDF document

