2008/11/3, Miguel Branco <[email protected]>: > Grazas polos ficheiros, afortunadamente, un Daniel fíxomo chegar onte, e tiven tempo de ir lendo.
Vou a dividir a resposta en dúas partes: respostas e comentarios acerca do documento este. RESPOSTAS > Terceiro. Por parte das empresas. Esencialmente, entenden que a hora de > traducir atópanse con practicamente os mesmos problemas metodolóxicos e din > que eles necesitan centrarse máis na calidade ca na cantidade. Tagen Ata > expresou que para eles como empresa é importante que se formen novos > tradutores vidos dende o campo das filoloxías... Propoñense interesante > cuestións neste senso: certficado de tradutor de SWL, ou algo similar, para > a xente que participe (por definir, só suxestión), participación mediante > cursos ou similar... O das risiñas que comenta Leandro non me deixa moi bon sabor, tendo en conta algún comentario que houbo na primeira reunión. E xuntando iso cunha das frases destacadas na estrevista ao de Imaxin que apareceu en mancomun.org, pois indícame pouca cousa "aberta". Respeito das reunións: a vindeira será, D.m., e se queredes, na akademy-es, extraoficialmente, iso si, onde poderemos falar das nosas cousas con calma. Desde un pto de vista máis "profisional", debería ser en Vigo, na facultade de Tradución e interpretación. Penso que iso xa o dixera aló atrás. > Quinto. Problemas da comunidade? Falta de recursos e os específicos das > ferramen1tas (falta de soporte para tmx nagunhas ferramentas...). Propostas > varias: fai falta coordinarse así que, calendarios... por servidor > groupware? (eu), ferramentas sociais? .Mellora na web de trasno (X. Calvo) > Necesidade dun corrector xa! (todos). Aspell é dificil de adecuar para o > galego (norma RAG) así que descartase puxar por conseguir isto. Fálase de > pedir/axudar a que se implante o soporte Hunspell nas ferramentas que se > empregan xa. Pero aínda así? pois eu teño votado a andar o corrector Hunspell en kde3... manda güevos!!! >Comentase (creo) que hai que focalizar o que se traduce para > conseguir obxectivos completos (ie. distro+DE). Iso é o que pretenden facer os de mancomún con Ubunto (Araos) > Asociación. Penso que aquí estamos a tocar unha freba sensíbel que non deberíamos tocar. > Sexto. A conversa avanza identificando que hai un problema de ferramentas > que nos permitan facer todo o que queremos de maneira grupal. Os trasnos > opinamos que a tradución ten que ser feita en local, inda que certos > programas poidan ser xestionados coma se fixo co entrans dende mancomun.org. > As ferramentas en local permiten maior rapidez traducindo, facilitan a > homoxenidade, pensadas para a xente que fai o traballo groso... e as > ferramentas web, coma as interfaces de pootle para programas pouco técnicos, > curtos, pensados para colaboracións espontáneas... (creo que todo o mundo > pensaba isto, inda que non se falou exactamente así). Isto está na liña do que dixera Albert na anterior reunión. Respeito das funcionalidades dos programas, penso que hai que enumerar o que se quer que podan facer, e logo facer demonstracións de até onde se poden levar, para tanto mellorar a destreza dos trasnegos como para saber realmente onde fallan os programas. >Descartase entrans en favor de pootle. A min plin. > Oitavo. Todo isto de arriba leva a unha de tres: 1. partir de cero e deseñar > todo o sistema de ferramentas que nos permita traballar así 2. petar na > porta dos proxectos existentes (gtranslator, lokalize, pootle, Suso fala > dunha ferramenta de Sun...) para que os implementen 3. involucrarse no > desenvolvemento dunha das aplicacións xa existentes para que se implemente o > que se require. >A 1 parece inviable por ampla, a 2 pénsase que pode ser > pouco fructifera e a 3 parece a máis razoable. Hanse explorar as 3. > Pídeselle a unha ferramenta da que partir ou que deseñar que cumpra: só > recordo a esixéncia de ser multiplataforma e que soporte os estánres > LISA..., con conversores, diccionario Hunspell. Noraboa, Casal. > e engado. De se conseguir completar o punto oito, creo que será a primeira > vez que a tradución a unha lingua se pensa e realiza dun xeito integrado, > xuntado a todo o que lle compete (voluntarios, empresas, administración), e > cunha ferramenta que sirva a todos. Sería o que eu levo maquinando tempo > dende a exposición de Carballo: que a tradución de SWL a unha lingua como > conxunto é a entidade fundamental de xestión e non o proxecto individual de > tradución. Isto nas presentacións para a akademy-es chámolle o METAPROXECTO. Aínda pode ser completado: falta a parte de formar aos novos voluntarios (existe iso?), non na utilización da CAT, senón na lingua termo.

