2008/11/3, Miguel Branco <[email protected]>: > localización e que consideran unha versión de traballo (mandouno Suso á > lista de g11n, non me acordaba, e adxúntoo aquí tamén así coma unha lista > cos temas que se tocaron. En pdf e convertida a .doc polo de Marce, a ver se > lle val). Considéroa unha boa aproximación. [[Dise que as reunións axudan a
COMENTARIOS tras ler o documento ese: Páxina 14: que eu saiba, lokalise emprega sonnet, non necesariamente aspell. Páxina 21: onde di: «O feito de non obviar este 4º principio [...] permite [ao mesmo tempo] dar continuidade ás localizacións xa feitas para o galego». Preciso de aclaración: reférese ás traducións pagadas por mancomún? Implica isto que se empregou a lingua portuguesa como base para as traducións ao galego elaboradas por mancomun? Criterios ortográficos: Páxina 23: a regra que indica para empregar as maiúsculas tras dous ptos. é xusto a contraria que a indicada polo snl da usc e que a indicada por Iván Méndez López na guía de estilo aquela da oficina de s.l. da udc. Cal é o motivo? Páxina 23: ollo Miguel, coa regra penúltima desta páxina. Criterios morfosintácticos: Páxina 29: é recomendábel que sempre que se recomende non empregar a segunda forma do artigo se lembre explicitamente que esta é unha cuestión puramente ortográfica, dado que a realización fonética sempre, excepto pausa, é "copia-lo ficheiro". Páxina 30: referente a "cuxo", anteriormente "cuio", para os que sigades a ralg, decir que é unha palabra a evitar (a non ser que se estexa a falar dun xato), sendo recomendábel re-elaborar a expresión, i.e. -Nun lugar da Mancha cuxo nome non dou lembrado... -Nun lugar d'A Mancha que ten un nome que non dou lembrado... aínda co custo dun maior factor de expansión. Criterios terminolóxicos: Páxina 33: di «O obxectivo deste método é tentarmos evitar a discusión perpétua das mesmas escollas terminolóxicas [...] e só recorrermos ao debate na comunidade cando non houber maís posibilidades, ou sexa, [...]» Sen comentarios. Tapo o nariz e sigo a ler. Páxina 33: di «Igualmente, se un texto xa foi traducido para o galego primaremos as escollas que coincidan co português» Como se estivéssem muito mais fundadas do que as nossas! Páxina 35: "Explicación teórica do funcionamento do algoritmo" Dito doutro xeito: preténdese facer unha táboa _de incidencia_ , onde os rexistros teñan por primeiro campo o par (definición_gl, palabra_gl) e cada campo sexa un par (definición_en, palabra_en), onde se procurará que para cada fila só haxa un campo marcado, e que para cada coluna só haxa un rexistro marcado. A selección da marca realizase con base nun sistema de ponderación apoiado en uso real en varias linguas próximas (definición_pt_pt, palabra_pt_pt), idem para pt_br e es_es, onde o peso das aparicións/incidencias nesas linguas siga un esquema: pt_PT >> pt_BR > es_ES. Criterios de estilo Páxina 41: "Neutralización de xénero" Vou ser máis radical ca vos: non, e non porque supoña moito traballo modificar o xa feito, senón porque non penso facer unha aberración só porque sexa o que está de moda e o politicamente correcto. Páxina 41: "Nomes de programas e aplicacións" Dicir "o OpenOffice", así co artigo "o", implica que este o que sexa ten xénero gramatical masculino, e apoiaría a utilización de "programa" no canto de "aplicación" para referirse a esas cousas que fan os desenvolventes e que nós traducimos. Páxina 41: "Split cells > Dividir celas" Sería preferíbel "Dividir as celas"/ "Dividi-las celas", por ter algo que sexa galego correcto. Páxina 41: traducir tooltip como suxestión non é o máis correcto, cando moitas veces son unha axuda que descrebe a funcionalidade do que está baixo o rato. Non estou tampouco de acordo en que se a axuda (tooltip) é unha frase que descrebe o que pode facer o usuario ao activar o ítem deba empregarse o imperativo: -Analice elementos cunha aplicación de folla de cálculo. Páxina 42: liña final, "Imposíbel inserir filas" A proposta dá pé a expresións agramaticais, ao suprimir o verbo ppal. da frase. -É imposíbel inserir filas, -Non se poden inserir filas, ou se a cousa é temporal -Non foi posíbel inserir filas. Páxina 44: "Usos da pasiva" En outros textos recoméndase, case se prohíbe, empregar expresións pasivas onde apareza un complemente axente. (... polo asistente). Entre as páxinas 45 e 49 (diferenzas fortes entre galego e inglés). Pois nada que dicir, só que algunhas deses exemplos non me saen así _de min_. Páxina 50: "Cando hai erros no orixinal" DÉBESE INFORMAR AOS DESENVOLVENTES. O apaño de facer a tradución correcta é iso, un chanchullo que non quita de ter que eliminar o mal existente.

