Ola,
En inglés update e upgrade teñen un senso moi distinto: update é a
actualización dun ou varios arquivos, namentres que upgrade refírese á
actualización de todo o sistema.
Así, podes actualizar (update) un núcleo, un paquete ou varios, ou ven
actualizar (upgrade) un sistema gráfico, un entorno gráfico (por exemplo, de
KDE 3.5.7 a KDE 3.5.9), etc. O uso de repositorios fai que esta diferenza sexa
máis visible, posto que podes facer upgrades de cada un por separado. Dalgún
xeito, update sería actualizar os datos de turno (os ficheiros) e upgrade
sería subir unha versión ou subversión ("subir un grao" XD).
Isto non acostuma a ser interesante para o usuario final, mais teño visto
algún caso que un aviso de actualización lle dou un desgosto a máis de un XD
Tendes algunha liña ou política ao respecto?
---
Karl