2008/11/25 Karl García Gestido <karlgg...@demmedio.es>:
> O Tuesday 25 November 2008 21:58:39 Jacobo Tarrio escribiu:
>> El martes, 25 de noviembre de 2008 a las 21:53:10 +0100, Karl García Gestido
> escribía:
>> > En inglés update e upgrade teñen un senso moi distinto: update é a
>> > actualización dun ou varios arquivos, namentres que upgrade refírese á
>> > actualización de todo o sistema.
>>
>>  Update é actualización, posta ao día.
> si, pero dun paquete dado. Incluso o núcleo. De feito, a actualización do
> núcleo non leva aparellada a actualización de outros elementos que poidan
> depender del, como pode ser un driver para unha webcam ou os drivers
> propietarios das gráficas ATI ou NVIDIA, particularmente desta última xD

Eu entendia por update unha actualización dun paquete. Por exemplo se
teño Debian stable e quero actualizar unha certa lista de paquetes,
porque corrixiron erros, pero sen deixar de ter a debian stable.

>>  Upgrade é mellora, aumento de categoría.
> Sí, mellor dito, que "millora o seu desempeño". Que supostamente é a excusa
> para cambiar un número de versión ou subversión dunha aplicación :)

Por upgrade eu entendo pasar de debian stable a debian testing, ou de
ubuntu 8.04 a ubuntu 8.10. Ou sexa, actualizar toda a distribución.

A verdade é que isto pode levar a erros, se a alguén se lle ocorren
outros xeitos de traducir update ou upgrade poderiamos intentar
asignarlles traducións diferentes. O único que se me ocorre polo de
agora é traducir upgrade coma "actualizar todo o sistema a unha nova
versión" ou algo polo estilo.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a