Leandro Regueiro escribió:
Upgrade é mellora, aumento de categoría.
Sí, mellor dito, que "millora o seu desempeño". Que supostamente é a excusa
para cambiar un número de versión ou subversión dunha aplicación :)
Por upgrade eu entendo pasar de debian stable a debian testing, ou de
ubuntu 8.04 a ubuntu 8.10. Ou sexa, actualizar toda a distribución.
A verdade é que isto pode levar a erros, se a alguén se lle ocorren
outros xeitos de traducir update ou upgrade poderiamos intentar
asignarlles traducións diferentes. O único que se me ocorre polo de
agora é traducir upgrade coma "actualizar todo o sistema a unha nova
versión" ou algo polo estilo.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Proposta
actualización / renovación / regresión / restauración
Na maioría dos casos non é preciso facer distincións, pero en sentido
terminolóxico, concordo con Leandro que si resulta aconsellable.
Consideremos que hai unha enorme diferencia de uso entre "update" e os
demais no sentido de que equivalencia entre "update" e <<actualización>>
está plenamente consolidada, non só nas TI. Así que o traballo de pensar
alternativas debe ir arredor dese punto fixo.
Non é que nos falten alternativas, o problema é fixar algunha
especialización no noso caso. Ademais debemos reparar no feito de que
ambos (update e upgrade) teñen tanto uso de susbtantivos como de verbos.
Para poñernos en contexto diremos que falamos de "update" e "upgrade" no
referente aos efectos de manexar versións de software e non outros
contextos onde update tamén é moi usado.
Así podemos distinguir, como se dicía no fío, entre unha versión
modificativa e/ou unha versión extintiva, ou entre unha modificación e
un recambio, como vexades.
Update (vbo. e subs.)
significado: "versión modificativa, cara a un estado posterior"
substantivo: actualización (outras alternativas: posta ao día,
modernización)
verbo: actualizar(se)
Upgrade (vbo. e subs.)
significado: "versión extintiva, ata un estado posterior"
substantivo: renovación, progresión, renovación progresiva (outras
alternativas: anovación, revalorización, (re)cambio, reinicio)
verbo: renovar(se)
*Sen dúbida sería máis exacto <<progresión>> pero o verbo "progresar" é
intransitivo e ten unha connotación tan forte que non se presta: Upgrade
your software > *Progrese o seu software // Renove o seu software. Por
iso prefiro <<renovación>>
Downgrade (vbo. e subs.)
significado: "versión extintiva, ata un estado anterior"
substantivo: reversión
verbo: reverter
Restore (vbo. e subs)
significado: "versión modificativa, ata un estado anterior"
substantivo: restauración (outras alternativas: recuperación)
verbo: restaurar
Antón Méixome