voume esquencer dos trolls momentaneamente, e pregunto:
{>>} traducimos '(vector) path' coma 'camiño' e 'ruta', con pluralidade (e son
as que están no glosario). Nunca me acabaron de convencer e non recordo se
isto o debatemos ou non. Vós que dicides?
Buscando por aí candidatos, uns mellores ca outros, atopo:
* camiño s.m. 1. Espacio trazado e disposto para poder ir dun lugar a outro.
[...]CF. carreira, carreiro, corredoira, sendeiro, verea, vieiro.
2. Lugar ou lugares polos que se pasa ó ir dun punto a outro. [...] CF. ruta,
traxecto. [...]
* carreiro s.m. 1. Camiño estreito que se fai ó andar por el, que só serve
para pasar a pé. SIN. senda, verea, vieiro. CF. carreira. [...]
* verea s.f. Camiño estreito. Foron por camiños e vereas. SIN. carreiro,
senda, vieiro.
* vieiro s.m. Camiño estreito formado a forza de pasaren por el a pé persoas e
animais.[...] SIN. carreiro, senda, verea.
* trazos.m. 1. Liña trazada ó escribir ou ó debuxar. sin. risco
* risco1 s.m. Debuxo ou marca longa e delgada, ou suco pouco profundo na
superficie dunha cousa