On Sun, Nov 30, 2008 at 7:02 PM, Adrián Chaves Fernández
<adriyeticha...@gmail.com> wrote:
> No contexto do Gimp, por exemplo, eu traduciríao coma "trazo" ou "trazado".

Supoño que o de "path" coma "ruta" ninguén o discutirá. Xa está moi
asentado e penso que é unha tradución correcta.

No referente ó mundo dos debuxos vectoriais custou atopar unha
tradución axeitada, e despois de pensalo, e creo que preguntalo, e
ademais de consultar as opcións escollidas noutras linguas romances, ó
final optouse por "camiño". "Trazo" non é unha opción válida, xa que
no Inkscape un "trazo" é o contorno de algo, mentres que un "camiño" é
outra cousa diferente (unha especie de figura por dicilo dalgún xeito.
Por certo, un camiño pode ter trazo ou non).

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a