2008/11/30 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> ok: camiño, logo somos en KDE os que nos temos que adaptar (xa o fixen para
> Koffice).

Eu escollin camiño usando eses criterios, que penso que non están de
todo mal. Despois vin que para o Gimp tamén se escollera traducir
"path" coma "camiño" e como o escolleran os que revisaron e
concordaban co que eu escollera pensei que xa non se ía discutir máis
o asunto. Se tedes unha proposta mellor podemos volver debater.

Como dixen, podes ir a Inkscape e ver que se usa "ruta" ou "camiño"
dependendo do "path" que sexa. Mirando agora no open-tran vexo que se
usa "rota" e tamén que se usa moito "camiño" no gnome, o que me fai
pensar que usaron "camiño" para a tipica "ruta" a un ficheiro ou un
directorio.

Por certo, falei co desenvolvedor do open-tran e polo visto o das
cadeas fuzzy dos resultados non se distinguian por culpa dun erro seu
no CSS.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a