> Marce Villarino wrote: > > O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo, > > adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian > > despois do verbo, agás casos moi concretos. > > Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, "eu aínda diría máis": > Usaría "Vouno traducir" no canto de "Vou traducilo" (creo que non é algo > dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación).
Creo que amba-las dúas valen. De feito, creo que hai casos con ata tres formas posibles. Cousas da lingua. Vos sodes de "fixestes" ou de "fixéchedes"? ;-) > > Un saúdo! > Felipe.

